Estreamos no municipio de Tordoia un supermercado franquiado Claudio que prestará un servizo esencial para esta poboación e outras áreas próximas. Está situado na rúa Emigrante s/n de Pontepedra.
A sala de vendas dispón de máis de 400 m2 e destaca pola ampla variedade de produtos frescos que pon ao dispor dos clientes en carnicería, charcutería, frutería e panadería, ademais dunha sección de conxelados. A variedade complétase con outros artículos de alimentación, droguería e hixiene, tanto de marcas líderes como da marca propia IFA, e destacan as seccións de adega e bebidas.
O establecemento ten unha ampla zona de aparcamento para maior comodidade dos clientes, que poden facer a compra de luns a sábado, en horario de 9 a 14 e de 16 a 20.30 horas.
Xeración de emprego
Coa apertura deste Claudio créanse nove postos de traballo e favorécese a xeración de oportunidades laborais na zona, unha das claves para afianzar poboación. A franquía está integrada por uns mil profesionais.
Acto de apertura
A familia Cancela, representada polos seus fundadores Luz Gómez e Pepe Cancela e os xerentes actuais, Marisol Gesto e Juanjo Cancela, participaron no acto de apertura do novo Claudio. Son propietarios, ademais, doutros supermercados franquiados na Silva, Cerceda e Portomouro. Por parte de GADISA Retail estiveron o delegado de área, Baltasar López; o director de vendas de franquía, Miguel Freire; así como o coordinador, Sergio Trujillo; e o equipo de montaxes.
11 puntos de venda franquiados en 2024
Sumamos 11 aperturas desta liña de negocio en 2024, unha franquía que está formada por 115 Claudio e 125 Claudio Express, con implantación en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.
Sorteos
Para celebrar a apertura, os clientes de Claudio que realicen compras entre o 8 e o 20 de novembro por un importe igual ou superior a 15€ poderán participar no sorteo dun iphone 14 e, por tíckets de 10 ou máis €, no sorteo de dous xamóns.



