O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal.
Se ben no caso de que o usuario cubra de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadisaretail.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informámolo dos seguintes aspectos en relación co tratamento dos seus datos persoais:
A.
Cando vostede acceda ao formulario Contacte con Nós e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Responsable: Será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL ou aquela das sociedades do grupo GADISA RETAIL ás cales se dirixe a mensaxe (Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados, S.L., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados y Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.), para cumprir coa finalidade descrita.
Finalidade: Atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación co fin de mellorar a atención ao cliente. Calquera cliente ou usuario poderá poñerse en contacto coas empresas do grupo GADISA RETAIL.
Categoría de datos:
Datos persoais: nome, apelido, e-mail.
Datos de contacto: teléfono.
Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.
Prazos de conservación: Os datos persoais que se obteñan a través do formulario Contacte con Nós conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa consulta, suxestión e /ou reclamación. Cumprida a finalidade, os datos serán destruídos.
Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, agás ás sociedades do grupo GADISA RETAIL, para cumprir coa finalidade descrita.
B.
No caso de que vostede acceda á sección Emprego, e proceda ao seu rexistro como demandante de emprego, os datos obtidos+ por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Responsable: Para os efectos dos datos obtidos nesta sección, informámolo/a de que será considerado Responsable de tratamento GADISA.
Finalidade: Participar nos procesos de selección de persoal que se realicen na propia empresa, en calquera das empresas do grupo GADISA RETAIL (Gadisa Retail, S.L.U., Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados, S.L., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados e Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.) ou en Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2088, S.L.U.
Os datos de candidatos a emprego serán comunicados ás empresas do grupo para cumprir coa finalidade descrita e participar en procesos de selección que se leven a cabo en ditas empresas.
Categoría de datos: Datos persoais: nome, apelido, e-mail, imaxe, idioma e documento identificativo (DNI, nº pasaporte, nº seguridad social,.) ou outros datos que pueda subministrar no seu currículo vitae como data de nacemento, xénero… Datos de contacto: enderezo, teléfono ou experiencia profesional. Historial académico e profesional.
Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado.
Prazos de conservación: Trataremos os seus datos mentres o candidato non manifeste a súa intención de darse de baixa e manteña a súa candidatura actualizada. As contas de usuario que permanezan inactivas durante un período de 2 anos daranse de baixa nos nosos sistemas.
Comunicación a terceiros: Os datos de candidatos a emprego serán comunicados ás empresas do grupo onde se leven a cabo procesos de selección.
C.
No caso de que vostede cubra o formulario de Solicitude de Colaboración para solicitar a GADISA RETAIL que participe en campañas ou eventos que organiza en colaboración con outras entidades, informámolo/a de que os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Responsable: Para os efectos dos datos obtidos nesta sección, GADISA RETAIL será considerado Responsable de Tratamento.
Finalidade: Organización e xestión de campañas ou eventos nas que o grupo empresarial de Gadisa Retail colabora con outras organizacións.
Categoría de datos: Datos persoais: nome, apelido, documento identificativo (DNI), e-mail, idioma e ou outros datos que poida subministrar no seu currículo vitae como data de nacemento, xénero… Datos de contacto: enderezo, teléfono ou organización á que representa. Outros datos: datos do evento (nome, data, lugar, tipo de público...
Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado.
Prazos de conservación: Trataremos os seus datos durante a xestión do evento e serán conservados durante un prazo de 5 anos, desde a data de finalización do evento.
Comunicación a terceiros: Os datos poderán ser comunicados ás empresas do grupo Gadisa Retail (Gadisa Retail, S.L.U., Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados, S.L., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados y Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.) en caso necesario e para cumprimento da finalidade descrita.
D.
Naqueles casos en que se achegue información persoal á Canle Ética ou canle de denuncias que o grupo GADISA RETAIL pon á disposición dos traballadores e restantes membros dos grupos de interese, GADISA RETAIL comprométese a preservar a confidencialidade, das denuncias recibidas. Os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Responsable: GADISA RETAIL S.L.U, actuando ademais como Encargada de tratamento dos datos das empresas do grupo GADISA RETAIL (Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados, S.L., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados e Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.).
Finalidade: Investigar os feitos denunciados e adoptar as medidas disciplinarias que procedan e/ou tramitación dos procedementos xudiciais establecidos para previr posibles represalias.
Base xurídica para o tratamento: A base legal para o tratamento de ditos datos é o cumprimento das obrigas derivadas da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, de Protección do Informante.
Prazos de conservación: Os datos conservaranse durante un prazo máximo de 3 meses, sen prexuízo do tempo imprescindible para
(i) decidir sobre a procedencia de iniciar unha investigación,
(ii) durante o tempo pertinente en que se desenvolve a investigación,
(iii) ao longo do exercicio de accións legais que correspondan.
Finalmente, e despois de todo o anterior, conservaranse os datos obtidos para dar cumprimento a posibles obrigas legais que resulten de aplicación, así como para atender a posibles reclamacións e responsabilidades, manténdoos debidamente bloqueados, e durante os prazos máximos legalmente establecidos, á disposición das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Xulgados e Tribunais, e posibles Administracións Públicas Competentes, por un prazo legal máximo de 10 anos.
Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, salvo no caso de que sexa necesario para a investigación e tramitación da denuncia, en cuxo caso se poderán comunicar a órganos xudiciais e ás Forzas e Corpos de seguridade do Estado.
Para os tratamentos anteriores, “Contacta con Nós”, “Emprego”, “Solicitude de Colaboración” ou “Canle Ética”, Vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos dirixíndose polos seguintes medios:
a través dun escrito asinado para o efecto e indicando en REF: protección de datos- e indicar o tratamento sobre o que exerza o dereito.
No caso de que o responsable do tratamento teña algunha dúbida razoable en relación coa identidade da persoa que solicita o exercicio de calquera dos dereitos mencionados, poderáselle solicitar o DNI/Documento identificativo para verificar a súa identidade e asegurar e protexer os seus dereitos.
Igualmente, ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.
GADISA RETAIL cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, por iso o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins descritos en cada un dos formularios. Estando lexitimada para iso, polo consentimento que expresamente vostede nos outorga e que pode retirar en calquera momento.