Abrimos un novo supermercado na provincia de León e creamos 38 empregos. Estes profesionais darán o mellor servizo aos clientes do establecemento que estreamos na localidade de Navatejera, en Villaquilambre. Entre esta apertura e a de San Andrés del Rabanedo, incorporamos ao persoal a un total de 80 traballadores nos dous últimos meses. Desta forma, xa contamos con preto de 2.000 empregados en Castela e León, dos que 500 traballan en León. A captación de talento con perfís especializados é unha dos nosos sinais de identidade, ao promover a atención directa, principalmente nas seccións de produto fresco, para brindar a mellor experiencia de compra.
A excelente localización do novo Gadis, na confluencia da Avenida da Liberdade con rúa La Cerrada, garante un acceso cómodo aos veciños de Navatejera, que xa teñen ao seu dispor un moderno supermercado con máis de 1.400 m² de superficie total e máis de 12.000 referencias, cos mellores produtos frescos e de proximidade, de marcas líderes, da marca propia IFA e numerosos artigos veganos, ecolóxicos, sen glute e a granel. O obxectivo é que os clientes poidades elixir entre unha ampla variedade.
Desde Gadis queremos destacar a nosa aposta polo produto fresco, cun gran protagonismo das seccións de peixaría, carnicería, chacinaría, froitería e panadería. O novo supermercado conta cun amplo horario de apertura, de 9.30 a 21.30 horas, de luns a sábado. Os clientes tamén podedes facer a compra en liña en www.gadisline.es
Compromiso coa sustentabilidade medioambiental
As instalacións do novo Gadis deseñáronse baixo rigorosos criterios de ecoeficiencia e aforro enerxético, aproveitando a luz natural e integrando tecnoloxía punta en refrixeración e climatización. Pensado para ofrecer unha experiencia áxil, o supermercado conta cunha distribución interior accesible e intuitiva, complementada cun aparcamento gratuíto de 59 prazas para que os clientes desfrutedes da máxima comodidade.
Preto dos clientes de León: Gadis nº 11
Con este novo punto de venda —o 11º na provincia de León e a segunda apertura en menos de dous meses, tras a de San Andrés del Rabanedo—, consolidamos o noso compromiso de proximidade aos clientes cun crecemento sostible, impulsando a economía local de Villaquilambre.



