Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

UN NOVO CLAUDIO EXPRESS EN BARRO

Imagen noticia UN NOVO CLAUDIO EXPRESS EN BARRO

Seguimos ampliando a nosa rede de establecementos franquiados na provincia de Pontevedra, afianzando a presenza nas principais vías de comunicación de Galicia. Neste caso, sumamos un Claudio Express no complexo que, abandeirado por Repsol, ten o Grupo Ikalsa no punto quilométrico 106,8 da estrada nacional 550, ao seu paso pola poboación de San Antoniño, onde tamén conta, desde o pasado mes de xaneiro, cun punto de venda Claudio.

Cunha sala de vendas de 70 m², o Claudio Express pon ao dispor dos consumidores unha variedade de aproximadamente 600 referencias de alimentación, droguería e hixiene. O amplo horario de apertura durante todo o ano favorece que os clientes poidan realizar unha compra rápida, cómoda e accesible en calquera momento. Ademais, as instalacións tamén prestan os servizos de gasolineira, cafetería con terraza, boxes de aspirado e ponte de lavado.

Impulso ao emprego local: 10 empregos

Coa posta en funcionamento do complexo, xéranse 10 postos de traballo. A expansión deste modelo potencia a reactivación económica e axuda a fixar emprego no territorio, situación da que se benefician, principalmente, os núcleos de poboación de pequeno e mediano tamaño.

A xornada de apertura reuniu aos propietarios do Grupo Ikalsa, Noemi González e Carlos Santiso, e parte do equipo de traballadores da estación, co delegado de área de GADISA Retail, Pablo Louro, o director de vendas de franquía, Miguel Freire, o coordinador, Sergio Trujillo, e o supervisor de zona, Gonzalo Gutiérrez.

Elipse noticia