Condicións de uso:

GADISA, como cabeceira do grupo GADISA e titular do sitio web www.gadisaretail.es, cedeu o seu uso a GADISA RETAIL S.L.U., (pertencente ao grupo GADISA e pola súa vez cabeceira do subgrupo GADISA RETAIL) e encomendoulle a xestión do sitio web www.gadisaretail.es, co fin de dar servizo do portal de internet ás empresas do subgrupo GADISA RETAIL e aos seus clientes e usuarios. Por iso, en adiante nos referiremos unicamente a GADISA RETAIL, cuxos datos de contacto son os seguintes:

GADISA RETAIL S.L.U., C.I.F. B-15735590 con domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos (A Coruña), inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 3.357, Sección Xeral, Folio 32, Folla c-24.918, inscrición 16ª e email: buzon@gadisa.es (en adiante GADISA RETAIL).

A utilización por parte do usuario do sitio web queda suxeita ao cumprimento polas condicións xerais de acceso e utilización detalladas máis adiante e ao conxunto de leis aplicables.

O acceso ao sitio web é gratuíto e para navegar por el non é necesario que revele a súa identidade nin que facilite ningún dato persoal.

Desde o momento en que vostede decida acceder ao sitio web e que navegue por el e o utilice, está aceptando sen reserva as condicións, se ben GADISA RETAIL S.L.U., se reserva o dereito a modificar a configuración e contidos deste web, así como modificar as súas condicións en calquera momento.

Informacións sobre servizos:

Este sitio web constitúe unha presentación xeral dos servizos que presta GADISA RETAIL. A información e datos descritos nel son de carácter simplemente informativo, pregamos que para confirmar calquera dato se poñan en contacto con GADISA RETAIL.

Propiedade intelectual e industrial:

O contido e os elementos que integran o sitio web son propiedade ou encóntranse baixo o control de GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A.(GADISA) ou do subgrupo GADISA RETAIL. Están protexidos, sen limitacións polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos tratados e convenios internacionais que resulten de aplicación. Para estes efectos, considerarase como contido: as fotografías, textos, slogans, deseños, imaxes, secuencias animadas sonoras ou non, así como todas as obras integradas.

GADISA ou o subgrupo GADISA RETAIL é o titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e análogos que puidesen recaer sobre o sitio web. Quedan reservados a favor do subgrupo todos os dereitos sobre calquera contido e elementos da súa propiedade que se incorporasen no sitio web.

Calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, precisa o previo e expreso consentimento por escrito dirixido a GADISA RETAIL, excepto cando se indique o contrario.

Os nomes GADISA RETAIL, GADIS, GADIS HIPER, CLAUDIO, MANDUKA, CASH IFA, CASA CLAUDIO e GADISLINE, así como os seus logotipos, son marcas rexistradas propiedade de GADISA ou do subgrupo GADISA RETAIL. A reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a autorización de GADISA RETAIL será constitutivo de delito tipificado no vixente Código Penal.

Limitación de responsabilidade:

GADISA RETAIL resérvase o dereito de modificar as información que figuran neste sitio web, relativas ás características dos seus servizos, en todo momento.

As características dos servizos presentados no web site www.gadisaretail.es son as existentes no momento da súa posta online ou da actualización das diferentes páxinas do web.

Por outro lado, GADISA RETAIL non pode asumir responsabilidade:

  • Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado ou á información concreta de entre os incluídos ou naqueles sitios web aos que o usuario acceda mediante enlaces de hipertexto situados no sitio web.
  • Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados, por canto o contido da páxina web non constitúe relación contractual.
  • En ningún caso, GADISA RETAIL poderá ser responsable de problemas directos ou indirectos, de prexuízos materiais, de perda de datos ou de programa nin de prexuízos financeiros, resultado do acceso ou uso do seu sitio web.

Neste sitio web existen informacións simplificadas ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión por parte do usuario medio, polo que GADISA RETAIL non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, agás actuación neglixente por parte de GADISA RETAIL no exercicio das súas funcións.

Ademais, as informacións sobre os servizos corresponden á definición do momento da posta online das páxinas do sitio web non son proporcionadas máis que a título indicativo, e non serán consideradas como constituíntes dunha oferta contractual de servizos procedentes de GADISA RETAIL.

GADISA RETAIL non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente por parte do usuario.

Links hipertexto:

A actualización dun link hipertexto cara ao sitio web www.gadisaretail.es necesita unha autorización previa escrita por GADISA RETAIL. Se desexa incluír no seu sitio web un link hipertexto cara a www.gadisaretail.es, debe contactar co responsable do sitio web.

GADISA RETAIL non pode en ningún caso ser responsable da actualización dos sitios web que fan un link hipertexto e non ten ningunha responsabilidade sobre o contido, os produtos, os servizos etc. dispoñibles neles ou a partir deles.

Dereito aplicable:

Estas condicións regulan as relacións contractuais entre GADISA RETAIL S.L.U e os usuarios da páxina web; polo que, para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas con este sitio web, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes. Serán competentes para a resolución dos conflitos derivados ou relacionados co seu uso os xulgados e tribunais da Coruña, agás para o caso de aplicación da normativa específica en materia de protección de consumidores e usuarios, que se entende como domicilio habitual o da entrega da compra, salvo que expresamente se cubrise a opción de residencia habitual.