Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

SUMAMOS UN NOVO CLAUDIO EXPRESS EN BASTIAGUEIRO

Imagen noticia SUMAMOS UN NOVO CLAUDIO EXPRESS EN BASTIAGUEIRO

Continuamos implantando a franquía Claudio na Coruña e a súa área de influencia estreando un Claudio Express na Avenida Ernesto Che Guevara 166, en Bastiagueiro. Este novo establecemento forma parte da estación de servizo contigua ao Gadis Hiper temos no municipio de Oleiros.

Cunha sala de vendas de 60 m2, pon ao dispor dos clientes unha variedade de 600 referencias básicas de alimentación, droguería e hixiene e completa os servizos do complexo: gasolineira, boxes de lavado e aspirado, lavado automático e butano. O amplo horario de apertura todos os días da semana permite aos clientes realizar a súa compra de forma máis cómoda.

Creando emprego

O novo establecemento supón a creación de seis novos postos de traballo. O crecemento desta liña de negocio favorece a xeración de emprego nas diferentes contornas nas que opera, principalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación

Aposta pola Coruña.

Sumamos catro puntos de venda franquiados na Coruña e a súa contorna desde novembro: dous Claudio e un Claudio Express na cidade, e o de Bastiagueiro (Oleiros), co que alcanzamos os 254 establecementos desta liña de negocio en Galicia, Castela e León, Madrid e Asturias.

Un modelo que inspira confianza

Afianzamos o liderado da nosa franquía no noroeste grazas a unha proposta de valor que xera confianza. Entre as razóns do éxito, un sistema loxístico eficaz, un catálogo de produtos diversificado e o asesoramento integral que abarca todas as fases de implantación e desenvolvemento de negocio por parte dun equipo de profesionais de contrastada traxectoria.

Elipse noticia