Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

REUNIMOS A MÁIS DE 430 TRABALLADORES DAS OFICINAS CENTRAIS E DE ALMACÉN NA CEA DE NADAL

Imagen noticia REUNIMOS A MÁIS DE 430 TRABALLADORES DAS OFICINAS CENTRAIS E DE ALMACÉN NA CEA DE NADAL

Reunimos a máis de 430 persoas en Palexco para celebrar a xa tradicional cea anual de Nadal. Un evento marcado polo ambiente festivo no que participaron os traballadores das oficinas centrais e dos almacéns en Betanzos de GADISA Retail.

 A celebración tamén serviu para homenaxear aos empregados que se xubilaron durante o 2024 e aos que cumpriron 25 anos de compromiso coa empresa, que recibiron o aplauso dos compañeiros, ademais dun obsequio por parte da compañía.  

 A velada, moi animada e que se prolongou durante varias horas, empezou cunha degustación de diferentes produtos galegos, á que seguiu un catering e unha festa amenizada con música en directo, un DJ e o sorteo de numerosos premios. Os momentos de diversión quedaron plasmados no fotomatón e na plataforma 360 que se puxeron ao dispor dos asistentes.

Elipse noticia