Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

REUNIMOS A MÁIS DE 300 PERSOAS NA CONVENCIÓN ANUAL DA FRANQUÍA CLAUDIO

Imagen noticia REUNIMOS A MÁIS DE 300 PERSOAS NA CONVENCIÓN ANUAL DA FRANQUÍA CLAUDIO

Volvemos a reunir a máis de 300 franquiados na 36ª Convención Anual de Claudio, a franquía de alimentación con maior número de puntos de venda en Galicia. Nesta ocasión, unha importante representación de propietarios e colaboradores dos 257 puntos de venda Claudio e Claudio Express desprazáronse ao Hotel Pazo Os Escudos de Vigo.

O presidente e conselleiro delegado de GADISA Retail, Roberto Tojeiro, e o director de vendas da liña de franquía, Miguel Freire, deron a benvida a todos os invitados, que se desprazaron desde diferentes localidades das catro comunidades nas que está presente esta liña de negocio: Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.

Ambos agradeceron a franquiados e colaboradores a confianza depositada neste modelo de negocio, que presta un servizo fundamental, principalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación, e contribúe á dinamización socioeconómica da contorna a través da xeración de emprego, con máis de 1.000 profesionais

O encontro serviu para facer balance dos fitos máis relevantes do último exercicio, no que se rexistrou un importante crecemento e trazar as liñas de futuro, coa proximidade como valor esencial deste modelo de negocio.

Actuacións musicais e premios

Cunha ampla representación do equipo de GADISA Retail, líder do sector da alimentación en Galicia, a xornada estivo marcada por un ambiente festivo, e os asistentes puideron desfrutar dun aperitivo e unha cea. Ademais, ao longo da noite houbo humor, música e sorteo de varios agasallos coa viaxe ao Caribe para 2 persoas nun hotel de 5* como o máis aclamado.

Elipse noticia