Abrimos un novo supermercado en Valladolid, co que creamos 35 empregos directos e alcanzamos os 2.000 postos de traballo en Castela e León. Un equipo de profesionais que dará o mellor servizo aos clientes na Praza dos Vadillos, confluencia coa rúa Silio. Con esta apertura, sumamos 17 puntos de venda na capital e 23 no conxunto da provincia.
O novo Gadis conta con máis de 1.200 metros cadrados de superficie total, nos que poñemos ao dispor do consumidor preto de 10.000 referencias, cos mellores produtos frescos e de proximidade, de marcas líderes, da marca propia IFA e numerosos artigos veganos, ecolóxicos, sen glute e a granel. Unha ampla variedade que ten como obxectivo que os clientes teñan a maior capacidade de elección. O horario de apertura é de 9.30 a 21 horas, de luns a sábado.
A nosa aposta polo produto fresco maniféstase no gran protagonismo das seccións de peixaría, carnizaría, chacinaría, froitería e panadería. Ademais, impulsamos a economía sostible grazas aos case 1.000 provedores locais que abastecen de forma prioritaria estas seccións. No caso do peixe e marisco, somos un dos principais compradores nas lonxas e portos de Galicia, o que, unido ao noso eficiente sistema loxístico, favorece que estes produtos cheguen en menos de 24 horas con toda a súa frescura e calidade aos puntos de venda.
A sustentabilidade medioambiental é outra das nosas prioridades nas aperturas e modernizacións de puntos de venda. Este novo supermercado responde a altos estándares de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
Crecemento en Castela e León: máis de 100 novos postos de traballo en 2026
O noso crecemento en Castela e León foi notable durante este ano, no que, alén do punto de venda de Praza dos Vadillos, estreamos dous supermercados na provincia de León. Tamén triplicamos a superficie do establecemento da céntrica rúa Xeral Ruiz de Valladolid. Unhas actuacións que impulsaron a creación de máis de 100 postos de traballo.



