Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

REAFIRMAMOS O NOSO COMPROMISO CON UNICEF PARA AXUDAR A MÁIS DE 15.000 NENOS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA

Imagen noticia REAFIRMAMOS O NOSO COMPROMISO CON UNICEF PARA AXUDAR A MÁIS DE 15.000 NENOS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA

Volvemos felicitar este ano o Nadal a todos os nosos colaboradores co Agasallo Azul de UNICEF, que ten unha chamada á acción: “Xuntos podemos transformar vidas”. Esta iniciativa, que parte do compromiso de Gadis con mellorar a calidade de vida das persoas, especialmente da infancia máis vulnerable, tradúcese nunha doazón económica que chegará a 15.057 nenos e nenas de países en emerxencia a través de tratamento nutricional.

O noso apoio á organización humanitaria favorece o envío de 5.019 kits de alimento terapéutico. Unha solución rica en nutrientes destinada a loitar contra a desnutrición aguda infantil en territorios e países afectados por graves crises humanitarias, desde conflitos bélicos ou desastres naturais ata os desprazados que viven en campamentos de refuxiados. UNICEF alerta actualmente sobre a situación extrema que se vive en Gaza, Sudán, R.D. do Congo ou Bangladesh.

Desde 1993, achegamos o noso gran de area para que UNICEF poida continuar desenvolvendo un labor crucial en todo o mundo: protexer á infancia. Máis de tres décadas de compromiso que se renova todos os anos co propósito de atender as necesidades que teñen maior urxencia en cada momento.

O aumento dos conflitos, o crecemento da fame, os recortes de financiamento a escala mundial e o colapso dos servizos básicos están a levar as necesidades humanitarias da infancia a niveis extremos en todo o mundo. Desde UNICEF advertimos de que máis de 200 millóns de nenos e nenas necesitarán axuda humanitaria en 2026. Só nos programas de nutrición de UNICEF, unha brecha de financiamento do 72% en 2025 obrigou a recortar intervencións en 20 países prioritarios, reducindo os obxectivos previstos de máis de 42 millóns a algo máis de 27 millóns de mulleres, nenos e nenas. En base a esta grave situación, agradecemos o compromiso recorrente de Gadis a través do Agasallo Azul de UNICEF”, sinalou Irene Marín, coordinadora de UNICEF Comité Galicia.

Construíndo unha sociedade máis xusta

Para Gadis, construír unha sociedade máis xusta empeza no local e na proximidade ás persoas, pero o fin é que as nosas accións alcancen unha escala global. A través da estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, apoiamos de forma activa a UNICEF. Unha alianza que favorece transformar propósitos en realidades, traballando por un mundo sen fame nin pobreza, con acceso universal á auga e con menores brechas de desigualdade.

Elipse noticia