Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

REABRIMOS O GADIS DA RÚA XERAL RUIZ DE VALLADOLID CO TRIPLO DE SUPERFICIE

Imagen noticia REABRIMOS O GADIS DA RÚA XERAL RUIZ DE VALLADOLID CO TRIPLO DE SUPERFICIE

Reabrimos o céntrico supermercado da rúa Xeral Ruiz 1 despois da profunda remodelación que levamos a cabo durante os últimos meses para triplicar a superficie e ofrecer maior comodidade aos nosos clientes. Más de 1.300 m2 de superficie total en pleno centro histórico de Valladolid, nos que poñemos ao dispor unha variedade de preto de 10.000 artigos cos mellores frescos, produtos locais, de marcas líderes a prezos competitivos e da marca propia IFA, así como numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel, para dar resposta ás necesidades dos clientes.

As seccións de produto fresco (peixaría, chacinaria, carnicería, froitería, e panadería), adquiren gran protagonismo no renovado supermercado, en liña co que promovemos nos nosos puntos de venda, que tamén se caracterizan pola atención directa en mostrador tradicional, o que permite ofrecer un mellor servizo ao cliente.

Creación de emprego: 31 profesionais ao servizo dos clientes

A nosa filosofía empresarial promove a xeración de emprego estable e de calidade, con perfís especializados. Neste caso, o punto de venda conta cun persoal de 31 traballadores, dos que 15 incorpóranse con motivo da ampliación do establecemento, que tamén estrea horario ininterrompido: de 9.30 a 21 horas, de luns a sábado, para facilitar a compra aos nosos clientes. Ademais, www.gadisline.es permite ampliar estes servizos.

Sustentabilidade, comodidade e accesibilidade

A sustentabilidade ambiental e a máxima eficiencia enerxética guiaron o proceso de transformación do Gadis, que foi dotado con funcionais sistemas de frío e calor e priorizouse o aproveitamento de luz natural. O moderno mobiliario, o deseño dos espazos e a amplitude de corredores son un plus en accesibilidade e comodidade.

Proximidade aos clientes

A proximidade aos clientes é un dos piares do modelo de negocio de Gadis, que continúa apostando por mellorar a nosa presenza en Valladolid con esta importante reforma, despois da apertura do segundo supermercado no Paseo de Zorrilla hai uns meses. En total, contamos con 23 puntos de venda na provincia valisoletana, dos que 17 atópanse na capital.

Ademais, favorecemos o benestar das persoas proporcionando aforro aos seus clientes mediante as Oportunigadis diarias e con máis de 400 artigos semanais a prezo reducido. Tamén a través de cupóns desconto na app Gadis+.

Elipse noticia