Oito aperturas en catro comunidades autónomas diferentes. Este é o balance da franquía Claudio no primeiro trimestre do 2025. Un avance que continúa a tendencia dos últimos anos, nos que este modelo de negocio experimentou un crecemento notable desde o compromiso coa proximidade, o afán de prestar un servizo esencial á poboación e o de contribuír á dinamización socioeconómica de diferentes contornas a través da creación de oportunidades laborais e de emprendemento. Máis de 1.000 profesionais traballan nos establecementos franquiados.
Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León son as catro comunidades autónomas nas que inauguramos establecementos neste exercicio. Todos foron puntos de venda Claudio Express, que seguen estándares de rapidez e comodidade e están situados en estacións de servizo localizadas en puntos estratéxicos da rede de estradas autonómicas e nacionais. A oferta de produtos está pensada para unha compra básica de alimentación, hixiene e droguería.
245 establecimientos franquiados
As oito aperturas do primeiro trimestre favoreceron que sumemos 245 establecementos desta liña de negocio, dos que 132 son Claudio Express e 113 Claudio, un formato que contribúe á vertebración do territorio, representa o modelo tradicional de comercio de proximidade, conta con maior variedade e os clientes reciben unha atención próxima e directa.
Asturias é a comunidade na que máis creceu Claudio este ano con tres aperturas en Oviedo, Xixón e Avilés. En Madrid, incorporamos dous Claudio Express no municipio de Villanueva de la Cañada; en Castela e León, outros dous en Zamora e Valencia de Don Juan (León). E en Galicia, onde temos maior implantación, inauguramos no Polígono de Vilar do Colo (Fene).
A solidez dun modelo consolidado
A solidez deste modelo, avalado por trinta e cinco anos de experiencia, é unha das razóns polas que cada vez máis emprendedores e empresas deciden sumarse a este proxecto. O profundo coñecemento do mercado por parte de GADISA Retail, a capacidade competitiva, a eficacia do sistema loxístico, o acceso á maior variedade de produtos do mercado e o asesoramento en todas as fases de implantación e desenvolvemento do negocio son algunhas das claves polas que a franquía Claudio converteuse na máis relevante do sector da alimentación no noroeste peninsular.



