Entregamos 168.300 quilos de produtos de alimentación non perecedoiros, de droguería e hixiene, e 97.748 € a 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. Unha axuda que é posible grazas á solidariedade mostrada, unha vez máis, polos nosos clientes durante a campaña “A Gran Recollida”, que se levou a cabo en todos os nosos puntos de venda os pasados días 24 e 25 de novembro.
Dende Gadis queremos poñer en valor o xesto altruísta dos clientes, ademais da implicación dos nosos traballadores, así como a participación dos voluntarios durante o desenvolvemento desta iniciativa solidaria que emprende cada ano por estas datas a Federación Española do Banco de Alimentos FESBAL en toda España.
Aliviar a situación das persoas e colectivos máis vulnerables é o motivo polo que nos sumamos de forma ininterrompida desde o 2014 a esta iniciativa solidaria, que este ano se convocou baixo o lema Alimenta unha vida mellor.
Co Nadal moi próximo, distribuiremos esta axuda entre os 11 bancos de alimentos cos que mantemos unha colaboración estreita: Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.
Estas entidades, á súa vez, repartirano entre as asociacións e ONG ás que prestan asistencia no día a día e que atenden a máis de 30.000 familias con recursos escasos, tanto de Galicia como de Castela e León, as dúas comunidades nas que está implantada.
Gadis, coas personas
A proximidade é un dos noso sinais de identidade, que trasladamos tamén ao noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, coa solidariedade como un dos seus eixos prioritarios para estar sempre á beira das persoas, principalmente das que atravesan situacións vulnerables.



