Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

SOMOS MOTOR DE EMPREGO E TALENTO EN GALICIA

Imagen noticia SOMOS MOTOR DE EMPREGO E TALENTO EN GALICIA

Atraer novos talentos con perfís especializados é unha das nosas prioridades en GADISA Retail. A peche de 2024 contabamos con 8.880 traballadores, a cifra máis alta do sector na comunidade galega. Seguir sendo a porta de entrada ao mercado laboral dos mozos, que vexan que aquí teñen oportunidades de crecer e de desenvolver unha carreira profesional, nun sector cun gran futuro é un dos nosos propósitos con motivo do Día Internacional da Mocidade, que celebrase este 12 de agosto.

As cifras avalan a nosa aposta polo talento, xa que incorporamos uns 700 profesionais nos dous últimos anos. Ante esa procura de novos perfís profesionais, participamos activamente nas feiras de emprego e captación de talento que se celebran en Galicia, como a que organiza a Cámara de Comercio na Coruña, Ferrol e Carballo; a Feira de Emprego da Universidade da Coruña ou Festalent, en Ferrol.

Ademais da atracción de talento, en GADISA Retail apostamos polo emprego de calidade, cun 96,4% de contratos indefinidos. Esta política de xestión de persoas contribúe ademais a fixar poboación e cohesionar o territorio.

Formación para o crecemento continuo

Xerar unha contorna laboral positiva e potenciar as habilidades dos traballadores son unas das nosas prioridades, proporcionando formación para máis dun terzo do persoal en 2024, contabilizándose preto de 17.000 horas.

Ademais, gran parte dos profesionais que incorporamos á compañía accederon a través dos programas de formación ocupacional, unhas 150 persoas en 2024 das que máis da metade incorporáronse ao finalizar ese período.

A cultura corporativa tamén promove o crecemento continuo para un maior desempeño persoal e profesional. De aí a nosa aposta pola promoción interna, con 776 traballadores que accederon a postos de maior responsabilidade en 2024; e pola conciliación, clave para compatibilizar a vida persoal e profesional. Deste xeito, un total de 594 persoas dispoñen de horarios adaptados.

Elipse noticia