O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou a nosa sede no Polígono de Piadela en Betanzos para poñer en valor, xunto ao presidente e conselleiro delegado do Grupo GADISA, Roberto Tojeiro, a importancia da cooperación público-privada en materia de emprego. Esta visita desenvolveuse no marco do programa Retorna Cualifica Emprego, impulsado polo executivo autonómico para facilitar o regreso de emigrantes a Galicia.
Incorporamos ao noso equipo humano a 27 profesionais procedentes de Cuba, Uruguai, Arxentina e Brasil. Unha aposta por atraer e reter talento do exterior que parte do compromiso co arraigamento ao territorio, reforzar a cohesión social e fixar poboación a través da creación de emprego.
Destes traballadores, 21 desempeñan o seu labor na plataforma de produto non perecedoiro, onde mantiveron unha breve charla co presidente da Xunta de Galicia e co noso presidente e conselleiro delegado durante a visita. Os outros seis profesionais traballan en Gadis das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.
GADISA Retail, motor de emprego en Galicia
GADISA Retail é motor de emprego nesta comunidade e a compañía do noso sector que máis postos de traballo directos xera e sostén con 8.880 traballadores. Como empresa familiar de orixe galega, estar comprometida co programa Retorna Cualifica Emprego é unha satisfacción por contribuír a situar a Galicia como unha terra de oportunidades, na que os galegos e galegas, cuxas familias un día tiveron que emigrar, poden recuperar as súas raíces cun proxecto de vida de presente e de futuro.
Percorrido polas oficinas centrais e centros loxísticos
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, tamén participaron na visita ás oficinas centrais, o almacén de produtos non perecedoiros e a plataforma de produto fresco.
Por parte de GADISA Retail, Santiago Codesido, director Comercial, Agustín Rodríguez, director Financeiro e de Sistemas, Clara de Lorenzo, directora de Recursos Humanos, Adolfo Díaz, director de Loxística, Luis Prieto, director do departamento de Control de Xestión, Juan Antonio Astray, director da Asesoría Xurídica, Beatriz Ares, directora Inmobiliaria e Patrimonial, Melisa Pagliaro, directora de Marketing e RSC, e Miguel Freire, director de Relacións coa Sociedade.
Venancio Salcines, presidente da Fundación Venancio Salcines, institución a través da cal xestionamos o programa Retorna Cualifica Emprego, tamén participou no encontro. O proceso de incorporación é a través de feiras virtuais de emprego, nas que se fai a selección de candidatos, unha entrevista e asínase un precontrato para garantir a inserción laboral en destino



