Reunimos 233.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene e máis de 96.000 € na Gran Recollida grazas á solidariedade dos nosos clientes, que participaron de forma masiva nesta campaña organizada pola Federación de Bancos de Alimentos (FESBAL) en todo o país. Repartiremos a axuda entre 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León.
A cantidade de produtos recollida aumentou un 39% con respecto ao ano pasado. Desde Supermercados Gadis celebramos este gran resultado, que permitirá axudar a máis persoas e que non sería posible sen a xenerosidade dos nosos clientes, a colaboración dos voluntarios e a implicación dos compañeiros de todos os puntos de venda entre o 22 e o 30 de novembro, datas nas que levou a cabo esta acción.
Mellorar a situación das familias vulnerables é o principal obxectivo da Gran Recollida en cada edición, que se desenvolve sempre a finais do mes de novembro. Un propósito ao que este ano se sumou o apoio aos afectados pola DANA.
Gadis, con 12 bancos de alimentos
Mantemos o noso firme compromiso con 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León que coñecen as necesidades reais das asociacións e institucións benéficas ás que prestan asistencia de forma cotiá na súa contorna máis próxima.
Para unha maior eficacia, os bancos Rías Altas (A Coruña, Santiago e Ferrol), Ourense, Lugo, Vigo, León, Palencia, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid, Salamanca e Segovia encárganse de xestionar toda a axuda.
Unha década de compromiso coa Gran Recollida
Colaboramos coa Gran Recollida desde hai unha década. Dez anos nos que nos implicamos para reunir a maior cantidade de artigos de alimentación e hixiene, así como de fondos económicos, que van destinados a proporcionar benestar a familias desfavorecidas. Só nos tres últimos anos, repartimos máis de 612.000 quilos de produtos e preto de 350.000€.
Impacto positivo na contorna
Esta iniciativa forma parte do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, cuxa meta é mellorar o impacto positivo na contorna. Brindar apoio ás organizacións do terceiro sector que traballan para mellorar as condicións de vida dos colectivos vulnerables é un dos eixos de actuación no ámbito solidario. En Gadis tamén desenvolvemos nosas propias campañas, como Mayo Solidario, a favor dos bancos de alimentos.



