Reabrimos en Noia o Gadis da rúa República Arxentina nº 3 despois da completa remodelación que levamos a cabo nos últimos meses. O novo establecemento, moito máis cómodo e moderno, tamén gañou espazo e suma preto de 1.500 m2 de superficie total.
O propósito desta actuación é mellorar o servizo aos veciños de Noia e das poboacións limítrofes, que se desprazan ata a localidade para facer a compra. A remodelación executouse seguindo estándares de eficiencia enerxética e accesibilidade, con espazos deseñados para brindar a mellor experiencia de compra ao cliente.
Máis de 10.000 artigos, con especial atención aos produtos frescos, locais, de marcas líderes a prezos competitivos, da marca propia IFA e numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel póñense ao dispor do cliente no supermercado, facilitando que poida elixir entre a súa ampla variedade.
As seccións de produto fresco priorizáronse nesta reforma, en liña coa nosa filosofía empresarial, que tamén promove a venda directa en mostrador tradicional, para ofrecer un mellor servizo e fomentar a creación de emprego estable e de calidade en peixaría, carnizaría, chacinaría, froitaría e panadería.
Un equipo de máis de 30 profesionais ao servizo dos clientes
Un total de 36 profesionais, dos que 4 son de nova incorporación, acompañan aos clientes ofrecéndolles atención de calidade nun amplo horario ininterrompido: de 9 a 21.00 horas, de luns a sábado; e os domingos, día de feira, de 9.30 a 14.30 horas. Ademais, www.gadisline.es complementa os servizos deste establecemento e do outro Gadis que temos en Noia, situado na rúa Carcasía 2-4.
Sustentabilidade ambiental
A remodelación do punto de venda seguiu criterios de sustentabilidade ambiental e máxima eficiencia enerxética, incidindo no aproveitamento de luz natural, ademais de contar coa instalación de eficaces sistemas de refrixeración e climatización. O moderno mobiliario, o deseño das seccións e a amplitude de corredores favorecen unha maior comodidade e accesibilidade.
Gadis, coas persoas
Promovemos o benestar das persoas proporcionando aforro aos nosos clientes mediante as Oportunigadis diarias e con máis de 400 artigos semanais a prezos especiais. Tamén a través de cupóns desconto na app Gadis+.



