Poñemos en marcha a acción social máis representativa de Gadis: Maio Solidario, reafirmando o noso compromiso coas persoas e co benestar social. É a 13ª edición desta campaña, que chega a 202 puntos de venda de Galicia e de Castela e León. Unha iniciativa en beneficio das familias e dos colectivos en situación de vulnerabilidade.
Ata o sábado 31 de maio, pódese colaborar de dúas formas: doazón de alimentos non perecedoiros nos espazos habilitados para tal fin nos supermercados ou a través de achega económica no momento de pasar por caixa.
12 bancos de alimentos para xestionar a axuda
Colaboramos de forma habitual con doce bancos de alimentos de Galicia e Castela e León, comunidades nas que estamos presentes. Estas doce entidades, que xestionarán toda a axuda que se recade, son o Banco de Alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Segovia, Salamanca, Valladolid e Zamora.
Mellorar a situación de miles de fogares vulnerables
Repetimos a forma de colaboración cos bancos de alimentos co fin de lograr unha maior eficacia da repartición da axuda ás 800 asociacións que atenden a unhas 100.000 persoas en situación de vulnerabilidade.
Implicación de clientes, voluntarios e equipo humano
Desde Gadis queremos agradecer de antemán a solidariedade dos nosos clientes, así como a implicación do equipo humano das tendas para que, un ano máis, a campaña resulte un éxito. Así mesmo, contar coa participación de voluntarios nos supermercados é moi importante e, desde os propios bancos de alimentos, fan un chamamento para sumar máis colaboradores.
A solidariedade, no foco do programa de RSC
A solidariedade está no foco do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, coa campaña Maio Solidario como unha das accións máis importantes que desenvolvemos ao longo do ano. Nas últimas doce edicións, entre a achega dos clientes e a nosa, entregáronse máis de 1,65 millóns de quilos de alimentos e máis de 225.000 €.
Cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 1, ODS 2 e ODS 10
O noso programa de Responsabilidade Social Corporativa está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Esta acción cumpre o ODS 1 (Fin da Pobreza), ODS 2 (Fame cero), ODS 10 (Redución das desigualdades). Así mesmo, respondemos aos retos globais a través da adhesión ao Pacto Mundial das Nacións Unidas desde fai case vinte anos.
Aquí podes ver os Gadis nos que podes participar:



