GADISA Retail estrea un Claudio na Avenida de Lugo 7 de O Pedrouzo, no municipio de O Pino. Cunha sala de vendas de 220 m², o establecemento franquiado pon ao dispor dos clientes ao redor de 2.000 produtos de alimentación, droguería e hixiene, con todas as seccións de produto fresco, incluída charcutería ao corte.
O supermercado está enfocado para dar servizo aos habitantes da poboación e tamén aos numerosos peregrinos que elixen esta localidade para realizar a súa última parada antes de culminar o Camiño de Santiago, para os que ofrece unha variedade especial. O horario do Claudio é, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas de 17 a 20.30 horas, e os sábados, de 9 a 14 horas.
Axudando a crear comunidade local
O novo Claudio xera 3 postos de traballo. Un dos valores desta liña é promover a dinamización socioeconómica da contorna e crear comunidade local a través do emprendemento e do emprego. Máis de mil profesionais forman parte do equipo humano da franquía, que está implantada, principalmente, en pequenos e medianos núcleos de poboación.
As propietarias do punto de venda, Yolanda Maceira e Begoña Vázquez estiveron acompañadas na xornada de apertura polo alcalde do Concello de O Pino, Manuel Taboada. En representación de GADISA Retail, o director de vendas de franquía, Miguel Freire, o coordinador, Sergio Trujillo, o monitor de froitería, Benjamín Quintela, e o supervisor de franquía do establecemento, José Blanco.
Unha liña de negocio en crecemento
GADISA Retail sumou nove establecementos desta liña de negocio no que vai de ano: cinco en Galicia e catro en Castela e León. Con esta apertura, alcanza os 260 puntos de venda, dos que 115 son Claudio e 145 Claudio Express.
A franquía Claudio consolidouse como referente no sector da alimentación en Galicia nos últimos anos, nos que experimentou unha importante expansión. Este crecemento baséase no valor estratéxico que ten entrar a formar parte da compañía galega líder de distribución operando baixo un modelo contrastado e apoiado en cada etapa do proxecto por un equipo profesional con longa traxectoria.



