Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

GADIS, NO TOP 10 DAS EMPRESAS DO NOSO SECTOR MÁIS RESPONSABLES EN ESPAÑA

Imagen noticia GADIS, NO TOP 10 DAS EMPRESAS DO NOSO SECTOR MÁIS RESPONSABLES EN ESPAÑA

Situámonos de novo no top 10 nacional das empresas do sector máis responsables en termos de ESG (Enviromental, Social and Governance). O noso propósito de xerar impacto positivo na contorna a través da sustentabilidade económica, social e ambiental volveu a recibir o aval do informe Merco Responsabilidade ESG correspondente ao ano 2024, que acaba de ser presentado e no que figuramos no 7º posto.

 

O informe Merco, que cumpre a súa 14ª edición, inclúe ás compañías que desenvolvemos a nosa actividade en España e que obtemos unha mellor valoración ao medir o compromiso co medioambiente e o cambio climático, a responsabilidade co equipo humano, a relación cos clientes e a sociedade, así como a nivel ético e de transparencia e bo goberno.

 

Única empresa galega de distribución no top 10

Repetimos como a única cadea galega de alimentación e distribución presente no top 10 da clasificación sectorial, o que confirma o noso obxectivo de mellorar o benestar social a través do desenvolvemento da actividade empresarial.

 

Defendemos un modelo de negocio sostible en toda a cadea de valor, que contribúe á vertebración do territorio prestando un servizo esencial. Estimula un tecido produtivo socioeconómico innovador e competitivo a través das compras a máis de 2.500 provedores locais de Galicia e Castela e León, dos que 1.017 son de alimentación. As relacións a longo prazo cos produtores de proximidade favorecen a súa expansión, xerando un ecosistema ao seu ao redor que xera valor e afianza poboación en diferentes contornas urbanas e rurais.

 

A atención directa e personalizada nas seccións de produto fresco exerce de motor de atracción de novo talento e creación de emprego con perfís profesionalizados, ademais de contribuír á loita contra o desperdicio alimentario, fomentar o consumo responsable e diminuír o uso de envoltorios. Incentivar o consumo de produtos frescos nos puntos de venda tamén repercute positivamente a nivel social, económico e ambiental.

 

Programa de Responsabilidade Social Corporativa

O compromiso coa economía, as persoas e o planeta define o noso desempeño empresarial e social, a través dun amplo programa de RSC, con máis de 2.300 accións anuais. O plan está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados no Pacto Mundial de Nacións Unidas, coa solidariedade, o apoio á cultura e ao deporte, e a dinamización local como cuestións prioritarias.

 

Informe Merco Responsabilidade ESG

O informe elabórase a partir de 7 perspectivas de análises e 26 fontes de información, alcanzando un total de 63.786 enquisas realizadas. Merco Responsabilidade ESG España 2024 contou coa participación de 1.195 directivos, 71 expertos en RSC, 100 analistas financeiros, 77 xornalistas de información económica e sociedade, entre outros expertos.

Elipse noticia