Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

GADIS, ENTRE OS SUPERMERCADOS MELLOR VALORADOS POLOS CONSUMIDORES

Imagen noticia GADIS, ENTRE OS SUPERMERCADOS MELLOR VALORADOS POLOS CONSUMIDORES

O estudo “Mi súper preferido” elaborado pola Organización de Consumidores y Usuarios (OCU) sitúa a Gadis entre as 12 marcas mellor valoradas e no top 10 dos supermercados españois.

O informe elaborouse en base ás respostas de 4.000 usuarios a nivel nacional e destaca a calidade do peixe fresco como un dos nosos puntos fortes. Concretamente, os consumidores outórgannos 82 puntos, o que nos sitúa entre os seis supermercados favoritos para adquirir este tipo de produto. Ademáis, o documento revela que tres cuartas partes dos nosos clientes mercan este produto nas nosas tendas, mentres que o 76% deles tamén adquiren alí froitas e hortalizas.

Ademáis, outórgannos a máxima calificación en satisfacción en outros tres aspectos: confort do supermercado, calidade da carne fresca e variedade de produtos. Este último punto é un dos máis importantes para os consumidores á hora de elexir entre un supermercado ou outro, ademáis da proximidade, accesibilidade das instalacións e o prezo.

“Mi súper preferido”

O informe da OCU valora 38 supermercados e hipermercados e mostra que máis da metade dos consumidores acuden ó supermercado entre unha e dúas veces á semana. Tamén revela primacía da compra presencial fronte a online.

Elipse noticia