Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

GADIS E O MONBUS OBRADOIRO DISPUTAN O PARTIDO MÁS SOLIDARIO

Imagen noticia GADIS E O MONBUS OBRADOIRO DISPUTAN O PARTIDO MÁS SOLIDARIO

Gadis y el Monbus Obradoiro sumamos de nuevo esfuerzos en beneficio de los desfavorecidos. Por 11º año consecutivo, promovemos el Partido Solidario Gadis, que se disputará el viernes, 29 de diciembre, a partir de las 20.30 horas. El equipo local recibirá en el Multiusos Fontes do Sar al UCAM Murcia.

Desde Gadis doaremos 5 quilos de alimentos non perecedoiros por cada punto que os xogadores de ambos equipos anoten durante o partido. A axuda irá destinada ao Albergue Xoán XXIII, entidade benéfica da capital compostelá á que apoiamos habitualmente polo importante labor social que presta atendendo as necesidades de numerosas persoas en situación de vulnerabilidade. Ademais, poñemos en marcha unha promoción nos puntos de venda de Santiago e da súa área de influencia (Negreira, Meixonfrío, Cacheiras, Ordes, Padrón, Bertamiráns e Teo).

Por compras superiores a 40€, ofreceremos aos clientes un vale que inclúe un código promocional co que se poderá comprar un máximo de catro entradas (en tarifa Adulto), en Tribuna 2, a 10€ cada unha (ata completar o aforo dispoñible para a venda). A promoción xa empezou, e finaliza o propio día do encontro. Os interesados poderedes comprar as entradas a través da páxina web do Monbus Obradoiro, onde teredes que introducir o código promocional que aparece no vale antes de proceder ao pago. Tamén se poderán comprar nas oficinas, presentando o vale de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas. En caso de non esgotarse o número de entradas dispoñibles para a venda, poderanse adquirir o día de partido no despacho de billetes a partir das 17:00 horas

A unión da solidariedade e o deporte

Desde Gadis poñemos en valor esta iniciativa porque une dous dos ámbitos de actuación cos que estamos máis comprometidos: a solidariedade e o apoio ao deporte nas súas diferentes modalidades. Son dous dos eixos do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, con máis de 2.000 accións anuais, que teñen como fin mellorar o impacto positivo na nosa contorna.

Elipse noticia