Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

ESTREAMOS UNHA PLATAFORMA DE PEIXE DE 4.000 M2 PARA POTENCIAR AS NOSAS PEIXARÍAS E O SERVIZO AO CLIENTE

Imagen noticia ESTREAMOS UNHA PLATAFORMA DE PEIXE DE 4.000 M2 PARA POTENCIAR AS NOSAS PEIXARÍAS E O SERVIZO AO CLIENTE

GADIS investiu preto de 6 millóns de euros na nova plataforma de Pescarmar, empresa do grupo encargada da selección, compra e xestión de peixes e mariscos. A nova plataforma supón un paso firme no noso crecemento, deseñada para seguir ofrecendo aos nosos clientes peixe e marisco fresco coa calidade de sempre, reforzando un dos grandes valores diferenciais de Gadis: a atención experta en mostrador e unha experiencia de compra baseada na proximidade, a variedade e o compromiso co produto do mar.

As funcionais instalacións no Peirao do Leste contan cunha superficie de 4.066 m2, distribuídos en dúas plantas. Dispón, ademais, de 8 peiraos de carga que suman 697 m2. A nova nave duplica a superfiecie coa que contabamos nas antigas instalacións situadas no peirao de San Diego. A compañía, unha das compradoras de referencia de peixe e marisco no Porto da Coruña, xerará maior impacto positivo na contorna reafirmando o noso compromiso cos máis de cen provedores locais de produtos do mar e en apoio ao sector pesqueiro.

Optimización loxística

A posta en funcionamento desta nave favorece a optimización loxística. De madrugada empezamos a recibir o peixe e o marisco fresco que previamente seleccionaron e adquiriron de forma directa na lonxa os profesionais da compañía.

Despois da selección, os corenta e cinco profesionais da plataforma preparan con esmero os pedidos que chegarán pola mañá aos distintos puntos de venda. Así, o peixe e marisco fresco pasa da lonxa ao mostrador en poucas horas, atendendo as necesidades de cada tenda e fomentando o consumo de produtos do mar de orixe galega en Galicia e en Castela e León. Este modelo permítenos, ademais, trasladar ao nosos cliente vantaxes moi claras en prezo, frescura e calidade.

Modernidade, sustentabilidade ambiental e integración arquitectónica

A nave foi deseñada seguindo altos estándares de sustentabilidade ambiental e unha coidada integración arquitectónica na súa contorna portuaria. Priorizamos o aproveitamento da luz natural e o uso de materiais sostibles e resistentes, adaptados ás condicións propias da súa proximidade ao mar. Nas instalacións incorporamos tecnoloxía de vangarda, con sistemas de control de calidade avanzados e refrixeración por CO₂, unha opción máis respectuosa co medioambiente. Ademais, contamos con placas fotovoltaicas para autoconsumo, iluminación LED e sistemas de control de presenza e intensidade, o que nos permite reducir o consumo enerxético nun 40% fronte a sistemas convencionais.

Para a construción da nova plataforma, contamos cun importante tecido empresarial galego. O 80% das empresas contratadas directamente son galegas, e a elas sumáronse preto de 90 subcontratistas. En total, máis dun centenar de compañías participaron na execución do proxecto, xerando actividade e emprego local, e reforzando o noso compromiso co desenvolvemento socioeconómico do territorio.

Especialistas en xestión directa de peixe e marsico

Á moderna plataforma de compra e distribución, que xa está en funcionamento no Porto da Coruña, sumamos a de Vigo e a plataforma de redistribución de Valladolid. Estas nos permiten axilizar os tempos de repartición e garantir a máxima frescura nos puntos de venda. Preto de cen profesionais especializados traballan cada día para asegurar que o peixe e marisco chegue nas mellores condicións, maioritariamente desde as principais lonxas e portos de Galicia. Un esforzo constante que levou á Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) a recoñecer a Gadis como a empresa co mellor peixe do sector en España.

Desde GADIS queremos apuntar: “A frescura non se improvisa, trabállase cada día con dedicación, proximidade e eficiencia.”


Elipse noticia