Apostamos por Vimianzo coa apertura dun moderno e amplo Supermercado Gadis, deseñado para ofrecer unha experiencia de compra máis cómoda e completa. Estas son as razóns polas que trasladamos o punto de venda da Rúa Castelao á Rúa Casais 36, xunto á AC-432, que conecta con Camariñas. O novo establecemento está situado nunha parcela independente, conta con máis de 1.000 m² e 65 prazas de aparcamento gratuíto exterior, proporcionando aos clientes unha maior comodidade.
O noso obxectivo é mellorar o servizo e adaptarnos ás tendencias de consumo, cunha oferta de máis de 10.000 produtos, que inclúen: frescos de calidade con atención especializada en mostrador tradicional (peixaría, carnicería, chacinería, froitería e panadería), primeiras marcas a prezos competitivos, variedade equilibrada da marca propia IFA, e opcións veganas, ecolóxicas, sen glute e produtos a granel.

O novo Gadis xerou gran expectación entre os veciños de Vimianzo e das localidades da zona, cunha importante afluencia de clientes desde primeira hora da mañá durante a xornada de apertura.
Xeración de emprego: compromiso co territorio
A apertura do novo supermercado permitiu duplicar os postos de traballo que xerábamos en Vimianzo. O equipo humano está formado por 28 profesionais, 14 deles incorporados con esta inauguración, reafirmando o noso compromiso co desenvolvemento do territorio a través da creación de emprego de calidade.
Os clientes poderedes realizar as vosas compras nun horario amplo e ininterrompido, de 9:00 a 21:00 horas, de luns a sábado, así como na tenda en liña www.gadisline.com. Tamén tendes a vosa disposición servicio de envío a domicilio.
Máis aforro para as familias
Reforzamos o noso compromiso coas familias ofrecendo promocións diarias a través das Oportunigadis e máis de 400 produtos a prezos especiais no folleto semanal. Ademais, os clientes podedes obter descontos adicionais cos cupóns da app Gadis+.
Sorteos para celebrar a apertura
Celebramos a apertura do supermercado con sorteos entre os clientes, que poderedes participar por cada 10 euros de compra entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo. Sortearemos unha tarxeta regalo por importe de 1.000€, unha TV de 55” e poderedes obter un agasallo seguro por compras superiores a 20€ os días 27 e 28 de febreiro.
Sustentabilidade e eficiencia enerxética
O novo supermercado foi deseñado con criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética, destacando o aproveitamento da luz natural, sistemas modernos de climatización para optimizar o consumo enerxético, mobiliario de última xeración e corredores amplos para unha experiencia de compra cómoda e accesible para todos.




