Sumamos en Vigo un novo Claudio Express, localizado na transitada zona portuaria da capital olívica, concretamente na Avenida de Beiramar, 53. Un concepto de tenda rápida, cómoda e económica para completar os servizos do complexo, que conta tamén con gasolineira, cafetería, prensa, boxes de lavado e aspirado e butano.
O punto de venda está pensado para cubrir as necesidades básicas de alimentación, droguería e hixiene dos clientes, que teñen á súa disposición unha variedade seleccionada de 700 artigos.
Con atención ao público durante todo o ano e amplitude de horario, o espazo caracterízase pola súa comodidade cunha oferta de produtos adaptada ás preferencias dos consumidores.
O sexto Claudio Express en Vigo
A nosa aposta por Vigo reflíctese en que este é o sexto Claudio Express que abrimos na cidade. Os outros cinco están situados no barrio do Calvario (Rúa Portela), a Avenida de Madrid, Avenida do Aeroporto, Praza de España e Rosalía de Castro.
Creación e mantemento de emprego
Este complexo xera 12 postos de traballo. Más de 950 profesionais forman parte do equipo humano da franquía Claudio, que contribúe á dinamización socioeconómica, principalmente de pequenos e medianos núcleos de poboación.
Xornada de apertura
No acto de apertura estiveron presentes Pilar Barreiro e Pedro Comesaña, propietarios do complexo, xunto a parte do equipo, mentres que, en representación de GADISA retail, asistiron Pablo Louro, delegado Área de Pontevedra; Miguel Freire, director de vendas de franquía; José Antonio Hermida, coordinador de franquía; e o equipo de montaxes.
Un modelo que xera confianza
Este é o segundo punto de venda desta liña de negocio que abrimos neste 2024. Alcanzamos os 236 establecementos franquiados, dos que 119 son Claudio e 117 Claudio Express.
Algunha das razóns do éxito son que é unha oportunidade para integrarse na compañía líder do sector en Galicia. Poñemos ao dispor dos franquiados o noso profundo coñecemento do mercado, a capacidade loxística e de variedade, así como a un equipo profesional e con experiencia no asesoramento integral antes, durante e despois da implantación do negocio para unha maior rendibilidade.



