Abrimos en Valencia de Don Juan o terceiro establecemento franquiado no que vai de ano: un Claudio Express na estación de servizo que o Grupo Sáenz de Miera ten na Avenida Palanquinos nº2. Esta apertura confirma a aposta de GADISA Retail por aumentar a nosa presenza na provincia de León, na que contamos con 9 Supermercados Gadis, un deles na propia localidade, e 10 puntos de venda franquiados Claudio. O último incorporarámolo na poboación de Bembibre en 2022.
O novo Claudio Express dispón dunha sala de vendas de 70 m2, deseñada e desenvolvida para cubrir as necesidades dos consumidores, ofrecendo unha experiencia de compra rápida e económica cunha selección de 700 produtos básicos en alimentación, droguería e hixiene.
A tenda completa os servizos do complexo: gasolineira, butano, boxes e túnel de lavado e aspirado, taller, neumáticos, ferraxería, prensa, tabaco e cafetería. O amplo horario de apertura, de 7 a 23 horas os 365 días do ano, favorece unha maior comodidade para os clientes.
Máis emprego
As instalacións supoñen a creación de 5 postos de traballo directos. Ao ter presenza en contornas urbanas, semiurbanos e rurais, a franquía Claudio contribúe ao desenvolvemento local a través do emprego, con máis de 1.000 profesionais.
Una franquicia en expansión
Con el nuevo establecimiento de Valencia de Don Juan, alcanzamos los 240 puntos de venta franquiciados, de los que 113 son Claudio y 127 Claudio Express. Es el tercer establecimiento que abrimos de esta línea de negocio en 2025: uno en Galicia y los otros dos en Castilla y León, en las provincias de León y Zamora. En esta comunidad estamos presentes, además, en Ávila, Palencia, Valladolid y Segovia. Y, con este modelo, también en Asturias y Madrid.
Unha franquía en expansión
Co novo establecemento de Valencia de Don Juan, alcanzamos os 240 puntos de venda franquiados, dos que 113 son Claudio e 127 Claudio Express. É o terceiro establecemento que abrimos desta liña de negocio en 2025: un en Galicia e os outros dous en Castela e León, nas provincias de León e Zamora. Nesta comunidade estamos presentes, ademais, en Ávila, Palencia, Valladolid e Segovia. E, con este modelo, tamén en Asturias e Madrid.
Confianza no modelo
A solidez desta liña de negocio levantou á nosa franquía ao liderado no seu sector no noroeste de España. Entre as claves deste posicionamento, están a capacidade para xerar confianza entre emprendedores, pemes e negocios familiares, contar cun sistema loxístico eficaz, o acceso a unha variedade completa de produtos e o acompañamento en todo o proceso de implantación e desenvolvemento do negocio.



