Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

ESTREAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN CARIÑO

Imagen noticia ESTREAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN CARIÑO

Sumamos un novo punto venda da liña de franquía Claudio na comarca de Ortegal. O Claudio Express abre as súas portas nun complexo con gasolineira na localidade de Cariño, na zona da Pedra, co obxectivo de que os clientes poidan facer unha compra rápida con maior comodidade.

 

A tenda dispón dun espazo de 100 m2, cunha variedade básica dunhas 1.000 referencias de alimentación, droguería e hixiene para satisfacer as necesidades dos consumidores. A gasolineira de Ortegal Oil, o servizo de butano, a ponte e os boxes de lavado e aspirado, así como o servizo de prensa, completan as instalacións da Avenida do Sagrón 66, que conta cun amplo horario de apertura.

 

Creando emprego

Fomentar o emprego é un dos valores da nosa liña de franquía, cun equipo de máis de 1.000 profesionais que traballan nos establecementos, situados en diferentes localidades de Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid. Con esta apertura, créanse 3 novos postos de traballo.

 

Os traballadores do complexo acompañaron a Antonio López, un dos propietarios do Grupo Ortegal Oil, durante a xornada de apertura, na que tamén estiveron Fernando Mosquera, delegado adxunto de GADISA Retail na área de Ferrol, así como Miguel Freire, director de vendas de franquía, e o supervisor do establecemento, Aleixo González.

 

14 aperturas en 2025

Mantemos un ritmo dinámico de aperturas neste 2025, no que incorporamos 14 puntos de venda desta liña de negocio ata alcanzar 249 establecementos, dos que 112 son Claudio e 137 Claudio Express.

 

 


Elipse noticia