Abrimos en Boimorto o 4º punto de venda franquiado do 2026. Neste caso, trátase dun Claudio Express, localizado a dous quilómetros do núcleo urbano principal do municipio coruñés, que completa os servizos do complexo con gasolineira, café, boxes de lavado, aspirado e combustible a domicilio de As Corredoiras.
Cunha sala de vendas de 60 m2, pon ao dispor dos clientes unha variedade moi seleccionada de 700 artigos de alimentación, droguería e hixiene. O amplo horario de apertura todos os días da semana permite aos clientes realizar a súa compra de forma máis cómoda e rápida, seguindo este modelo de tenda.
Impulsando o emprego
A apertura do Claudio Express conleva a creación de seis novos postos de traballo. Este é un dos principais valores da expansión desta liña de negocio, que favorece a xeración de emprego nas diferentes contornas nos que está implantada, fundamentalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación.
Coa nova apertura, alcanzamos os 255 establecementos franquiados, dos que 114 son Claudio e 141 Claudio Express.
GADISA segue crecendo na provincia da Coruña
Tres dos catro puntos de venda franquiados incorporados en 2026 atópanse na provincia da Coruña: en Boimorto, Oleiros e na capital herculina. O cuarto está situado no municipio pontevedrés de Barro.
Unha proposta de valor baseada na confianza
O liderado da nosa franquía no noroeste é o resultado dunha proposta de valor baseada na confianza. As claves do crecemento son unha loxística de alta eficiencia, unha variedade de produtos adaptada ás diferentes necesidades e o acompañamento constante dun equipo de profesionais de longa experiencia que guían ao franquiado en cada etapa, desde a apertura ata a consolidación do negocio pasando polas diferentes fases de implantación.



