Abrimos un Claudio franquiado no no lugar de San Antoniño nº 23 baixo, municipio de Barro. O punto de venda atópase a carón da estrada nacional 550, o que favorece unha maior comodidade aos clientes á hora de facer a compra.
Cunha sala de vendas de 250 m2, ofrece unha ampla variedade de 3.000 produtos de alimentación, droguería e hixiene. Cabe destacar que dispón de seccións de produto fresco con atención personalizada: carnizaría, chacinaría ao corte, froitaría e panadería.
Outro plus de comodidade é o amplo horario de apertura: de 09:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, de luns a sábados; e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.
Axudando a crear comunidade
O novo Claudio xera 3 postos de traballo. Un dos valores desta liña é promover a dinamización socioeconómica da contorna e crear comunidade a través do emprego. Máis de mil profesionais forman parte do equipo humano da franquía.
Unha liña de negocio en expansión
O ano pasado sumamos 22 establecementos a esta liña de negocio e tamén empezamos 2026 inaugurando dous Claudio: o de Barro e outro na cidade da Coruña esta mesma semana. En total, contamos con 253 establecementos, dos que 114 son Claudio e 139 Claudio Express.
A franquía Claudio está consolidada como referente no sector da alimentación en Galicia, cun desenvolvemento crecente nos últimos anos. Esta expansión pivota sobre o valor estratéxico de entrar a formar parte da compañía galega líder de distribución operando baixo un modelo contrastado e apoiado por un equipo profesional con longa traxectoria. O respaldo dos seus profesionais é continuo durante todas as fases do proxecto.



