Abrimos en Palencia o oitavo establecemento franquiado de 2026, o segundo deste modelo de negocio na cidade. O Claudio Express está integrado na estación de servizo GALP da Avenida de Cuba 25 e conta cunha sala de vendas de 120 m², na que pon ao dispor dos clientes ao redor de 1.200 produtos de alimentación, droguería e hixiene. Esta tenda, que completa o servizo de gasolineira, está pensada para facer unha compra rápida e cómoda os 365 días do ano, en horario de 7 a 23 horas.
Con esta apertura, alcanzamos os 259 puntos de venda franquiados: 114 Claudio e 145 Claudio Express, situados en Castela e León, Galicia, Asturias e Madrid. No que vai de ano, abríronse catro establecementos desta liña de negocio en Castela e León, dous na provincia de León, un na de Valladolid e o de Palencia. Nesta cidade, dispoñemos, ademais, de 3 supermercados Gadis
Axudando a crear emprego
A estación de servizo xera 5 postos de traballo directos, que se unen aos máis de 1.000 profesionais que forman parte desta liña de negocio. Impulsar a creación de emprego e fomentar o emprendemento son dous dos valores da franquía Claudio, posicionada, fundamentalmente, en pequenos e medianos núcleos de poboación.
Solidez que impulsa o crecemento
A confianza é o motor da franquía Claudio. Grazas á loxística avanzada de GADISA Retail, unha ampla gama de produtos e o acompañamento de profesionais con experiencia contrastada, garantimos un modelo sólido. O apoio ao franquiado é total, desde a posta en marcha do negocio ata a consolidación da actividade, asegurando a máxima eficacia en cada fase.



