Continuamos ampliando a rede de establecementos franquiados cunha dobre apertura: dous Claudio Express localizados nas estacións de servizo que Carbugal ten na estrada PO-552, que enlaza Tui coa Guarda, ao seu paso polo municipio de Tomiño.
Un dos establecementos conta con 70 m² de sala de vendas e ofrece ao redor de 700 produtos básicos de alimentación. A segunda tenda, no outro marxe da vía, dispón dun espazo de 50 m² e unha variedade seleccionada duns 500 artigos. Ambos complexos contan con gasolineira e servizo de butano. O amplo horario de apertura de ambas estacións, de 7 a 23 horas, favorece unha maior comodidade aos clientes.
Impulsando a creación de emprego
A apertura dos Claudio Express conleva a creación de 9 postos de traballo. Este é un dos principais valores da expansión desta liña de negocio, que favorece a xeración de emprego, fundamentalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación. Máis de 1.000 profesionais forman parte do equipo humano desta liña de negocio.
11 aperturas en 2026
Sumamos 11 establecementos franquiados no que vai de ano, sete en Galicia e catro en Castela e León. Con esta apertura, alcanzamos 262 puntos de venda, dos que 115 son Claudio e 147 Claudio Express.
Este crecemento e o liderado da franquía de GADISA Retail no noroeste é o resultado dunha proposta de valor baseada na confianza. As claves son unha loxística eficiente, unha variedade de produtos adaptado ás diferentes necesidades e o acompañamento constante dun equipo de profesionais de longa experiencia que guían ao franquiado en cada etapa, desde a apertura ata a consolidación, pasando polas diferentes fases de implantación.



