Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

DAMOS VOZ ÁS MULLERES RURAIS A TRAVÉS DO RELATO DAS NOSAS PROVEDORAS

Imagen noticia DAMOS VOZ ÁS MULLERES RURAIS A TRAVÉS  DO RELATO DAS NOSAS PROVEDORAS

“Pasado, presente e futuro do campo” é o título da 4ª xornada que organizamos para recoñecer o poder transformador das mulleres na contorna rural. A través do relato inspirador das súas protagonistas, provedoras de produtos locais de Gadis, abordamos cuestións cruciais como o emprendemento feminino, a innovación no sector agroalimentario e as estratexias de liderado inclusivo. O obxectivo deste foro, que tivo lugar na Fundación Juana de Vega, é fomentar o empoderamento feminino como motor de competitividade e cohesión social.

 “Queremos dar voz ás mulleres rurais que coidan do territorio, sosteñen comunidades e xeran oportunidades, manifestou a directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro. Durante a súa intervención tamén subliñou que “a sustentabilidade está moi de moda hoxe en día, pero en Gadis non é unha palabra baleira”. “Ser sostible é ser posible, é ser capaz de manterse no tempo. E para logralo hai que coidar tres piares inseparables: a economía, as persoas e o planeta. Son como as tres patas dun banco: se falla unha, todo tambaléase”, sinalou.

 Como exemplo, puxo o apoio de Gadis aos provedores locais e as relacións que se forxan cos protagonistas do evento, baseadas na confianza e nunha visión a longo prazo que lles permite emprender novos proxectos e avanzar nos seus negocios, a maioría dos cales son pemes agroalimentarias que abastecen supermercados e son un motor para consolidar a poboación e fomentar o progreso no rural.

 O primeiro caso de éxito foi o de María Carmen Sánchez Iravedra, fundadora e xerente de Embutidos Suarna, que viu unha oportunidade de negocio nun produto tradicional da zona de Navia de Suarna nos Ancares. O seu compromiso co fortalecemento da identidade local levouna a popularizar e vender a androlla máis alá da súa área de influencia. Hoxe, produce artesanalmente outros embutidos, e a súa vantaxe competitiva reside na conexión co territorio que lles dá autenticidade. «O que me enche de orgullo é ter podido continuar este negocio, dando traballo a máis mulleres e revitalizando a zona. A chamada de Gadis foi un golpe de sorte que impulsou a visibilidade e as vendas dos nosos produtos, axudándonos a crecer como empresa e como persoas, á vez que creamos máis empregos”.

 

Sinerxías para un futuro sostible

A presentación da campaña audiovisual de Gadis "Mulleres rurais. Pasado, presente e futuro do campo" deu paso a unha mesa redonda na que tres mulleres vinculadas ao campo identificaron oportunidades de colaboración e falaron de innovación, sustentabilidade, desenvolvemento territorial a través das súas experiencias persoais e profesionais. Cada unha delas ofreceu unha perspectiva moi singular sobre o que significa emprender ou liderar unha empresa nun entorno rural.

Ana Raja Clemente, socia de Obenfield, cultiva hortalizas no concello de Xermade: “Sen unha produción xeradora de riqueza, a paisaxe rural é unha paisaxe baleira. Temos que ser conscientes disto para evolucionar mediante a aplicación de novas tecnoloxías ao sector primario. Isto é especialmente certo entre as xeracións máis novas, que carecen de cultura sobre este sector. O que máis valoro de Gadis é o trato que recibo, a forma en que traballan e a garantía de que o meu produto vaise vender”.

“Volvín da cidade pola calidade de vida que ofrece o campo”, dixo Ángeles Freire Peteiro, propietaria de Aldeagreen, unha empresa situada ás beiras do río Tambre, no Concello de Vilasantar. “Aquí optamos pola tecnoloxía para optimizar a produción e a eficiencia dos procesos, libres de residuos porque producimos sen usar ningún tipo de pesticida”. Tamén destacou a satisfacción que lle reporta traballar con Gadis, que apostou por esta produción 100 % galega, desde a granxa ata o consumidor final.

 María Luisa Mata Rial, propietaria de Hortalizas As Lagoas, en Zas. “O que máis valoro deste traballo é a liberdade, vivir ao aire libre e facer o que me gusta. Estou orgullosa de ser provedora dunha empresa 100 % galega como Gadis. É un alivio plantar e saber que, se a colleita é boa, terás onde vender”.

Elipse noticia