Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

DAMOS VOZ ÁS ENTIDADES SOCIAIS NO 6º FORO GADIS COAS ONG

Imagen noticia DAMOS VOZ ÁS ENTIDADES SOCIAIS NO 6º FORO GADIS COAS ONG

O 6º Foro Gadis coas ONG puxo en valor o traballo que realiza cada día algunha das máis de 200 entidades sociais coas que colaboramos no ámbito da solidariedade e a saúde. O evento celebrouse no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e seguiuse en directo a través da nosa canle de Youtube.

 

A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, explicou que o Foro Gadis coas ONG é un espazo de encontro no que as asociacións comparten experiencias e aprendizaxes, o que nos axuda a entender mellor as necesidades reais das persoas. A solidariedade tamén se constrúe escoitando. Hai anos, moito antes de que se falase da Responsabilidade Social, decidimos preocuparnos e ocuparnos da nosa contorna e, en 2025, impulsamos máis de 2.400 iniciativas sociais, deportivas e culturais.

Tres entidades, unha visión interdisciplinar

Unha mesa redonda, que abordou o apoio a distintos colectivos en situación de vulnerabilidade, reuniu a responsables de tres organizacións, que detallaron como inclúen a alimentación saudable nos servizos de comedor que prestan aos usuarios e o importante que é o apoio de empresas como Gadis para lograr menús equilibrados e adaptados ás diferentes necesidades.

 

A directora do Centro Integrado de Atención Social de Padre Rubinos, Mónica Rioboo Bonome, indicou cales son os criterios cos que traballan para tratar de dar novas oportunidades ás persoas sen fogar: asistencia integral, individualizada, impulsora da súa autonomía e interdisciplinar.

 

Pola súa banda, Pablo Sánchez, traballador social da Cocina Económica da Coruña, explicou como tratan de fomentar hábitos de vida saudables entre as numerosas persoas que atenden. Temos que garantir dar de comer a máis de mil persoas. Incidiu en que, alén do comedor social, moitas familias recollen os seus menús diarios para levar a casa, co que facilitar unha alimentación sa é fundamental.

 

Tamén interveu Alberto Tabernero, responsable do centro Acouga, que xestiona ACCEM, unha ONG especializada na atención de persoas en risco de exclusión social. Explicou que o acompañamento individualizado é fundamental para que poidan chegar a formar parte da sociedade.

 

O labor dos bancos de alimentos

Traballamos moito e todos os días. Cada día desde os nosos almacéns distribuímos 5.000 quilos a 159 entidades, que á súa vez atenden a máis de 22.000 persoas. Así empezou o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, José Ramón Santamaría, a súa intervención sobre a realidade que se vive na entidade. A responsable de comunicación, Ruth Villar, falou tamén da marea azul, os 2.600 voluntarios, moitos deles estudantes, que botan unha man. Cando participan en campañas como Mayo Solidario, de Gadis, recollemos moitísimo máis. Unha das voluntarias, Pilar Garea, tamén participou expresando o seu agradecemento ao banco de alimentos porque lle permitiu saber que detrás de cada familia hai unha historia. Recibo moito máis do que eu dou.

 

O dano cerebral nas diferentes etapas da vida

A directora da Asociación Dano Cerebral de Santiago, Rocío García, profundou en como impacta o dano cerebral na vida das persoas, tanto na infancia como na idade adulta, na importancia da prevención e as diferentes formas de abordalo. Sostivo que é necesario que as familias teñan información para saber como manexar a situación e tamén se centrou na disfaxia, a dificultade que teñen algunhas destas persoas para alimentarse. 

Elipse noticia