Continuamos a expansión do noso modelo de negocio franquiado Claudio coa inauguración de dous Claudio Express en Villanueva de la Cañada (Madrid). Con estas aperturas, confirmamos a aposta de GADISA Retail or esta comunidade autónoma, na que nos implantamos en 2021 e onde actualmente contamos con cinco establecementos.
No que vai de ano, sumamos cinco tendas en tres rexións diferentes: unha en Galicia, dúas en Castela e León (provincias de Zamora e León) e estas dúas de Madrid. Alcanzamos un total de 242 puntos de venda, dos que 113 son Claudio e 129 Claudio Express.
Este crecemento afiánzase sobre a capacidade para xerar confianza entre emprendedores, pemes e negocios familiares, contar cun sistema loxístico eficaz, o acceso a unha variedade completa de produtos e o acompañamento en todo o proceso de implantación e desenvolvemento do negocio do noso equipo.
Localización estratéxica
Os Claudio Express están situados en estacións de servizo do grupo Disa no km. 28, a ambas marxes da estrada M-600, ao seu paso polo municipio de Villanueva de la Cañada, ao oeste da capital.
Unha das tendas dispón dunha sala de vendas de 75 m2, desenvolvida para cubrir as necesidades dos consumidores, ofrecendo unha experiencia de compra rápida e económica cunha selección de 700 produtos básicos en alimentación, droguería e hixiene. Completa, ademais, os servizos do complexo: gasolineira, café, gas, túnel de lavado e boxes de aspirado. O outro Claudio Express segue o mesmo concepto cunha sala de vendas de 60 m2 e unha variedade ao redor de 500 referencias básicas.
O amplo horario de apertura, de 6 a 22 horas os 365 días do ano, favorece unha maior comodidade para os clientes dos dous puntos de venda.
Creando emprego
A posta en marcha destes complexos supón a xeración de 5 postos de traballo directos. Ao estar implantada en contornas urbanas, semiurbanos e rurais, a franquía Claudio contribúe á dinamización socioeconómica e ao desenvolvemento local a través do emprego, con máis de 1.000 profesionais.
Inauguración
Á inauguración dos Claudio Express asistiron Rosa Domínguez, directora de tendas de Disa, Nieves Vidal, xefa de zona das estacións, María Venero, de servizos complementarios e Clara Lanza, do departamento de tendas, con parte do seu equipo. Por parte de GADISA Retail, Miguel Freire, director de ventas de franquía, Sergio Trujillo, coordinador, y e o supervisor de zona, Benigno Canedo.



