Máis de 26.500 estudantes de Galicia e Castela e León aprenderon sobre alimentación saudable, consumo responsable e sustentabilidade co programa Alimentes de Gadis durante o curso escolar que finaliza este venres. Unha proposta educativa que ten como obxectivo fomentar un estilo de vida activo desde a infancia, ademais de ensinar a identificar os alimentos que forman parte da dieta equilibrada. Unha das unidades didácticas baséase no Prato Alimentes, que contén as proporcións e as categorías adecuadas dos alimentos que se deben consumir, seguindo as recomendacións nutricionais do Prato de Harvard.
Acompañar ás familias e á comunidade educativa na formación dunha nova xeración máis consciente coa súa saúde e comprometida co planeta é outro dos nosos propósitos, para o que contamos coa implicación de máis de 1.300 profesores de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León. Nunha primeira fase do programa, os docentes traballaron nas aulas os contidos interactivos do plan, que se articula sobre a alimentación saudable, o desenvolvemento local e a produción sostible, o consumo responsable e o desperdicio alimentario.
Desde o mes xaneiro leváronse a cabo as visitas presenciais aos supermercados, onde os escolares percorren as diferentes seccións guiados por monitores formados en nutrición e acompañados polos seus profesores. Poñemos a atención, principalmente, nas seccións de produto fresco: peixaría, carnizaría, froitas e verduras e lácteos. Os monitores explícanlles in situ a orixe dos alimentos e a cadea que seguen ata que chegan aos supermercados e despois ás súas casas. Falámoslles tamén da importancia de consumir produtos frescos e de tempada, que son máis saudables e sostibles, en liña co noso propio modelo de negocio. Cremos que a experiencia é moi positiva.
Más de vinte anos coa educación de calidade
Desde fai máis de vinte anos, estamos comprometidos coa educación de calidade a través de Alimentes. Un plan que foi ampliando o seu alcance con novos contidos, sempre adaptados ao currículo oficial de Galicia e Castela e León, en materias como Educación Física e Ciencias Naturais e Sociais.
Esta acción forma parte do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Alimentes responde a varios destes obxectivos: ODS3: Saúde e Benestar, ODS4: Educación de Calidade e ODS12: Produción e consumo responsables.
Premio á participación escolar
Premiamos o interese de nenas e nenos en completar as 13 unidades que figuran na plataforma. Para recibir un dos máis de 26.500 kits Prato ALIMENTES, con guía e receitas saudables, tiveron que finalizar o itinerario interactivo que segue a cadea de alimentos desde as súa orixe: lonxa ou campo, plataformas loxísticas, supermercados e fogares. As fichas e vídeos tamén inclúen contidos para sensibilizar sobre a importancia do coidado do medioambiente e como poden axudar a través da reciclaxe e a separación de residuos.
Como cada ano ao terminar o curso escolar, sorteamos 5 packs de tablets entre os colexios participantes, resultando gañadores tres colexios de Galicia e dous de Castela e León.



