Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

ARRINCAMOS A CAMPAÑA 'MAYO SOLIDARIO'

Imagen noticia ARRINCAMOS A CAMPAÑA 'MAYO SOLIDARIO'

Poñemos en marcha unha nova edición de “Mayo Solidario”, a iniciativa social máis emblemática de Gadis, que este ano acada a súa 14ª edición reafirmando o noso compromiso coa sociedade.

Ata o 31 de maio, estamos presentes en 204 supermercados de Galicia e Castela e León recollendo alimentos non perecedoiros e doazóns económicas a favor de doce bancos de alimentos. Con esta campaña, queremos contribuír a mellorar a realidade de milleiros de fogares en situación de vulnerabilidade.

Convidamos a todos os nosos clientes a colaborar de dúas maneiras: depositando alimentos non perecedoiros nos espazos habilitados nas nosas tendas ou realizando unha doazón económica no momento de pasar pola caixa. Grazas a eles, nas trece edicións anteriores logramos recadar preto de 1,8 millóns de quilos de alimentos e máis de 292.000 euros.

“Mayo Solidario” é un dos piares do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, a través do cal impulsamos máis de 2.400 accións anuais, sendo aproximadamente o 30% delas de carácter solidario. Esta iniciativa reflicte a nosa colaboración continua cos bancos de alimentos de Galicia e Castela e León, cos que traballamos ao longo de todo o ano.

As doazóns recollidas serán xestionadas polos bancos de alimentos da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Segovia, Salamanca, Valladolid e Zamora. A través de preto de 800 entidades sociais, esta axuda chegará a máis de 100.000 persoas en situación de vulnerabilidade.

Unha marea solidaria que construímos entre todos

Queremos agradecer de antemán a implicación dos nosos clientes, así como o compromiso e a dedicación de todo o noso equipo nos puntos de venda. Tamén poñemos en valor o labor das persoas voluntarias que participan na campaña e convidamos a quen desexe colaborar a sumarse a esta iniciativa.

Con “Mayo Solidario” contribuímos activamente aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente ao ODS 1 (Fin da pobreza), ODS 2 (Fame cero) e ODS 10 (Redución das desigualdades), avanzando xuntos cara a unha sociedade máis xusta e solidaria.

Elipse noticia