Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

APOIAMOS A INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS CON AUTISMO

Imagen noticia APOIAMOS A INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS CON AUTISMO

Os oito Gadis da cidade de Ferrol reparten entre os seus clientes este venres, 10 de abril, bolsas de papel cun deseño elaborado por persoas con autismo co obxectivo de dar visibilidade a esta condición. Esta acción nace da nosa colaboración con Aspanaes (Asociación de pais e nais de persoas con autismo de Galicia), con motivo da recente celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.


“Desde Gadis estamos moi felices desta acción conxunta con Aspanaes, enmarcada no mes de concienciación sobre o autismo. O máis importante para nós era que os protagonistas fosen os propios usuarios do centro de Ferrol, que son quenes crearon o deseño destas bolsas”, explicou a directora de Marketing e RSC de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro. “Non é unha acción illada, senón unha mostra máis dunha forma de traballar que mantemos durante todo o ano: en Gadis impulsamos máis de 2.400 iniciativas solidarias, de sensibilización, deportivas e culturais, sempre moi ligadas ás persoas e á contorna”.


Pola súa banda, desde Aspanaes indican que esta acción quere lanzar unha mensaxe clara: a inclusión non é só un concepto, é unha práctica diaria que se constrúe entre todos e todas. “Grazas á colaboración con Gadis, damos un paso máis para visibilizar ese potencial e ese dereito para participar en igualdade de condicións. Esta actividade creativa do infinito, símbolo do autismo, implica dedicación, acompañamento e, sobre todo, oportunidades, porque cando facilitamos os apoios adecuados, as persoas con autismo poden participar, crear, achegar e ser protagonistas activos na comunidade na que viven”.


Arte con impacto social

Esta acción enmárcase no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, que prioriza a colaboración con diferentes colectivos locais e fomenta a igualdade de oportunidades. Entre os principais obxectivos desta acción concreta: visibilizar, poñendo en valor a capacidade creativa das persoas con TEA; sensibilizar sobre a importancia da plena integración; e proximidade, reforzando o noso vínculo coa entidade social e os nosos clientes.

Elipse noticia