Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

APOIAMOS A CAMPAÑA DA AECC, A COMPRA DA TÚA VIDA

Imagen noticia APOIAMOS A CAMPAÑA DA AECC, A COMPRA DA TÚA VIDA

Unímonos de novo á campaña solidaria “A compra da túa vida”. Unha iniciativa que pon en marcha a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co obxectivo de captar fondos para impulsar a investigación, mellorar as condicións de vida das persoas diagnosticadas con esta enfermidade, así como apoiar á súa contorna familiar.

Desde o venres 2 ata o domingo 11 de febreiro, todos os nosos Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León participarán nesta acción, que promove a AECC a nivel nacional coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, que se celebra o vindeiro domingo día 4.

Para contribuír á causa, os clientes podedes efectuar a vosa doazón económica ao pasar por caixa, desde 1 euro ata un máximo de 99. No caso de que algunha persoa queira aumentar a cantidade, será remitida directamente á asociación.

Este é o terceiro ano consecutivo que cooperamos con esta campaña, na que sempre contamos coa implicación e solidariedade de miles de clientes, aos que agradecemos de antemán a vosa xenerosidade. Nas dúas últimas edicións as vosas achegas económicas superaron os 30.000 euros.

A visión solidaria do programa de RSC

A solidariedade é un dos piares do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, que ten como propósito xerar impacto positivo na nosa contorna para mellorar o benestar social. A través deste plan, unímonos á “A compra da túa vida” e patrocinamos outras accións da Asociación Española Contra o Cancro, como carreiras e marchas solidarias, para aumentar a conciencia social sobre esta enfermidade e as súas consecuencias.

Apoiamos á AECC no chamamento desta asociación para que, a través da prevención, a detección precoz e a investigación, alcancemos o 70% de supervivencia en 2030.

 

Ademais da AECC, colaboramos con outras entidades que centran os seus esforzos na loita contra esta enfermidade, como Cancer Research Innovation Spain (CRIS) ou a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

Elipse noticia