Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS NO POLÍGONO DE VILAR DO COLO

Imagen noticia ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS NO POLÍGONO DE VILAR DO COLO

Eliximos o municipio de Fene para abrir a primeira franquía do ano. O novo Claudio Express está situado nunha estación de servizo do Polígono Industrial de Vilar do Colo, situada na Avenida de Astano, Parcela B-3, unha zona moi transitada a diario.

 

O establecemento, cunha sala de vendas de 100 m2, está pensado para que os clientes poidan facer unha compra rápida e cómoda, cunha variedade moi seleccionada de 1.000 referencias básicas de alimentación, droguería e hixiene, que ten como obxectivo satisfacer as necesidades deste perfil de consumidor.

 

O Claudio Express, cun amplo horario de apertura, completa os servizos que ofrece o complexo: gasolineira, butano, túnel de lavado, boxes de lavado e aspirado, ademais de café.

 

Ao acto de apertura do novo Claudio Express asistiron José Carlos Díaz e Fernando Mosquera, delegado e adxunto, respectivamente, de GADISA Retail na área de Ferrol; Miguel Freire, director de vendas de franquía, Sergio Trujillo, coordinador, e David Calvo, supervisor de franquía do establecemento.

 

Liña de negocio dinámica: 238 puntos de venda

A franquía Claudio está a experimentar un importante dinamismo nos últimos anos, cun crecemento sostido: 11 aperturas en 2024. Coa tenda de Vilar do Colo suma 238 puntos de venda, dos que 113 son Claudio e 125 Claudio Express. Están situados en Galicia, Castela e León, Madrid e Asturias. Nos próximos meses prevemos incorporar novos establecementos.

 

Un modelo que xera confianza

Logramos posicionar a franquía Claudio como a de maior relevancia do seu sector no noroeste de España grazas á confianza que xera entre emprendedores, pemes e negocios familiares, que optan por incorporarse á nosa compañía, líder de distribución en Galicia.

 

A eficacia do sistema loxístico, a capacidade competitiva, a facilidade para acceder a unha completa variedade de produto, así como o asesoramento nas diferentes as fases de implantación e desenvolvemento do negocio son os principais valores deste modelo.


Elipse noticia