Os clientes de Gadis realizades unha doazón económica de 14.507€ á Asociación Española contra o Cancro (AECC). Esta recadación é froito da recente campaña solidaria “A compra da túa vida”, que levamos a cabo entre o 2 e 11 de febreiro en todos os puntos de venda de Galicia e Castela e León.
Queremos mostrar o noso agradecemento aos clientes que colaborastesdes un ano máis con esta acción, poñendo en valor a relevancia do voso xesto altruísta, posto que esta axuda irá destinada a investigación e o apoio ás persoas diagnosticadas.
Coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, a AECC pon en marcha a nivel nacional esta campaña, á que nos unimos nos tres últimos anos, contando coa colaboración dos nosos clientes, que achegastedes ao redor de 45.000 €.
Impacto positivo nas persoas
Xerar impacto positivo na vida das persoas por medio de iniciativas solidarias é un dos propósitos de Gadis, que vertebramos no programa de Responsabilidade Social Corporativa, a través do que prestamos seu apoio a colectivos e asociacións que traballan en ámbitos e con perspectivas diferentes: saúde, atención a persoas desfavorecidas, integración sociolaboral etc.
Mantemos unha estreita colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, mediante o patrocinio de eventos de diversa índole, que contribúen a visibilizar esta enfermidade xerando unha maior conciencia social sobre a importancia da prevención, a detección precoz, lograr avances e máis efectividade nos tratamentos e que os pacientes e a súa contorna sintan o apoio de toda a sociedade.
Máis colaboracións
Sumamos esforzos, ademáis, a outras entidades que tamén están centradas na investigación e en mellorar as condicións de vida dos pacientes, como Cancer Research Innovation Spain (CRIS) ou a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).



