Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

ESTREAMOS UN CLAUDIO EN NARÓN

Imagen noticia  ESTREAMOS UN CLAUDIO EN NARÓN

Inauguramos un Claudio nas Torres, que daservizo aos numerosos veciños desta zona de Narón, así como aos usuarios do centro de saúde de O Alto, xa que está situado nas súas inmediacións. Cunha sala de vendas de 250 m², o establecemento franquiado ofrece aos clientes uns 2.500 produtos de alimentación, droguería e hixiene, con seccións de produto fresco, incluída charcutería ao corte, alén de servizo de prensa.

Coa proximidade como un dos nosos sinais de identidade, a comodidade do novo Claudio é outra das fortalezas para brindar unha experiencia de compra satisfactoria aos clientes, que teñen ao seu dispor un amplo horario de apertura.

Creación de emprego: 5 postos de traballo

O novo Claudio xera 5 postos de traballo. Un dos valores deste modelo de negocio é axudar a crear comunidade local e fomentar a dinamización socioeconómica da contorna a través do emprendemento e do emprego. Máis de mil profesionais forman parte do equipo humano da nosa franquía, que está implantada, principalmente, en pequenos e medianos núcleos de poboación.

A solidez do crecemento deste modelo

Sumamos 12 establecementos franquiados no que vai de ano: oito en Galicia e catro en Castela e León. Con esta apertura, chegamos aos 263 puntos de venda, dos que 116 son Claudio e 147 Claudio Express.

A franquía Claudio afianzouse como referente no sector da alimentación galega nos últimos anos, nos que rexistrou un importante crecemento. Esta expansión baséase no valor estratéxico que ten entrar a formar parte de GADISA Retail, que opera cun modelo contrastado e apoia ao franquiado en cada etapa do seu proxecto.

Elipse noticia