Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

CREAMOS 45 EMPREGOS COA APERTURA DO GADIS MÁIS GRANDE DA CORUÑA

Imagen noticia  CREAMOS 45 EMPREGOS COA APERTURA DO GADIS MÁIS GRANDE DA CORUÑA

Abrimos na Grela o noso Gadis máis grande da cidade, onde contamos con 35 supermercados. Unha apertura que xera 45 postos de traballo directos e que mellora o servizo aos miles de traballadores do polígono, aos numerosos veciños da zona e ás persoas que se desprazan a diario cara ás poboacións da área de influencia. A localización estratéxica na rúa Gambrinus 159, esquina con Avenida Fisterra, unha das principais arterias da Coruña, favorece unha maior comodidade aos clientes, que teñen á súa disposición 77 prazas de aparcamento.

O supermercado conta con máis de 3.200 m2 de superficie total e construíuse seguindo altos estándares de eficiencia enerxética e accesibilidade, con espazos habilitados para proporcionar a mellor experiencia de compra ao cliente. Esta amplitude brinda a posibilidade de ofrecer máis de 13.500 artigos, cos mellores produtos frescos, de proximidade, de marcas líderes a prezos competitivos, da marca propia IFA e numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel, seguindo as tendencias do consumidor actual e facilitando que os nosos clientes poidan elixir.

No novo punto de venda priorizáronse as seccións de produto fresco, que son a nosa sinal de identidade. Ademais, o mostrador tradicional permite ofrecer mellor servizo e promove a captación de talento de perfís especializados en peixaría, carnizería, chacinaría, froitaría e panadería. Esta última disponse ao redor dun gran obradoiro central para que os clientes gocen dunha experiencia máis próxima.

Un total de 49 profesionais ao servizo dos clientes

A nosa filosofía favorece a creación de emprego estable e de calidade. Dos 49 profesionais que están ao servizo dos clientes, 45 incorpóranse con motivo desta apertura. Atención de calidade nun amplo horario ininterrompido: de 9 a 21.45 horas, de luns a sábado. Ademais, www.gadisline.es complementa os servizos deste novo establecemento.

Sustentabilidade e máxima eficiencia enerxética

O proceso de construción do novo Gadis seguiu criterios de sustentabilidade ambiental e máxima eficiencia enerxética, con especial atención ao aproveitamento de luz natural, ademais da instalación de eficaces sistemas de refrixeración e climatización. O funcional mobiliario, a configuración dos espazos e a disposición e amplitude de corredores, promoven unha maior accesibilidade e comodidade.

Gadis, coas persoas

Favorecemos o benestar proporcionando aforro aos nosos clientes mediante as Oportunigadis diarias e con máis de 400 artigos semanais a prezos especiais. Tamén a través de cupóns desconto na app Gadis+.

Elipse noticia