Imagen Pequeña productos-frescos
Imagen Mediana productos-frescos
Banner Principal productos-frescos

Plataforma de produtos frescos cunha liña automatizada

A trazabilidade dos produtos de peixaría, carnicería, froitas e hortalizas está garantida desde a orixe ata o punto de venda. A distribución realizámola a diario en vehículos propios perfectamente acondicionados desde a plataforma loxística de produto fresco.

Estamos comprometidos coa produción sostible e o desenvolvemento local da nosa contorna, polo que seleccionamos provedores locais de Galicia e Castela e León, cos que traballamos da man para proporcionar aos nosos clientes a mellor calidade.

Eles encárganse da produción e nós o resto do proceso: loxística e vendas. Así aseguramos que os produtos frescos cheguen diariamente aos nosos centros loxísticos de Piadela (Galicia) e Medina del Campo (Castela e León).

Nesta plataforma contamos cunha liña automatizada, que ordena e clasifica a froita e a verdura para a súa distribución a todos os puntos de venda de GADISA RETAIL. Este sistema reforza a Prevención de Riscos Laborais xa que os operadores reciben as caixas de produtos a unha altura axeitada, evitando movementos e posicións de risco.

Imagen Distribución Logística centros-logisticos

CENTROS LOXÍSTICOS

O noso sistema loxístico está deseñado para garantir a mellor calidade.

Imagen Distribución Logística pescado-marisco

PEIXE E MARISCO

Seleccionamos e xestionamos o mellor peixe e marisco das lonxas de Galicia.

Imagen Distribución Logística medios-transporte

MEDIOS DE TRANSPORTE

Contamos cun modelo loxístico eficiente, seguindo criterios de sustentabilidade e eficiencia.

Imagen elipse azul distribución logística