Para GADISA RETAIL a calidade dos produtos que distribuímos é primordial, por isto, o noso sistema loxístico está deseñado para garantir que os produtos frescos cheguen ao consumidor diariamente conservando a mesma calidade de orixe.
Para iso contamos con dous centros loxísticos, dúas plataformas loxísticas de compra e distribución de peixe, un centro de redistribución de peixe e máis de 240 vehículos propios.
Dispoñemos toda a nosa capacidade loxística para servir a calquera cliente alí onde estea: núcleos urbanos, zonas rurais, comedores, comercios, etc.
Servimos produtos adaptados ás características dos puntos de venda atendendo á demanda de cada un. Empregamos o mesmo sistema de distribución tanto para a nosa cadea de supermercados propios como para as franquías, garantindo así que todos os establecementos ofrezan aos nosos clientes unha variedade da mesma calidade e frescura sen que a súa localización supoña unha barreira.
O sistema de xestión por radiofrecuencia permite un óptimo aproveitamento dos recursos.

Comprometidos coa produción sostible e o desenvolvemento local da nosa contorna.


Contamos cun modelo loxístico eficiente, seguindo criterios de sustentabilidade e eficiencia.