Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

SUMAMOS UN NOVO CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA

Imagen noticia SUMAMOS UN NOVO CLAUDIO EXPRESS  EN ORTIGUEIRA

Damos a benvida a un establecemento franquiado en Ortigueira. É o 2º que abrimos este ano no municipio co Grupo Ortegal Oil. O novo Claudio Express está situado na área de servizo do Polígono de A Rega – Cuiña 21.

O punto de venda ten as características habituais deste modelo: unha sala de vendas de 60 m² e unha variedade aproximada de 600 referencias de alimentación, droguería e hixiene. O espazo está pensado para ofrecer unha experiencia de compra rápida e cómoda. Ademais, forma parte dunhas instalacións nas que tamén se prestan os servizos de gasolineira, lavado de coches e camións e cambio de neumáticos e conta cun amplo horario de apertura durante todo o ano.

Creando comunidade local

A posta en marcha do complexo xera 3 postos de traballo. O crecemento desta liña de negocio contribúe a crear comunidade local a través do emprego, que beneficia principalmente a núcleos de poboación de pequeno e mediano tamaño. Máis de 1.000 persoas traballan na franquía Claudio.

Apertura número 19 do 2026

A apertura deste Claudio Express é a 19ª dun establecemento franquiado no que vai de ano. A provincia da Coruña concentrou oito inauguracións en 2026. Con esta nova incorporación, chegamos aos 266 puntos de venda, consolidando a nosa rede con 114 establecementos Claudio e 152 Claudio Express.

A nosa franquía como a de maior relevancia no noroeste peninsular cun crecemento que se sustenta nun sistema loxístico eficiente, unha oferta comercial adaptada á demanda dos consumidores e o asesoramento continuo ao franquiado durante todas as fases de implantación do negocio.

Elipse noticia