10
puntos de venda
81.054
m² de superficie
+30.000
variedades de produtos

Grandes establecementos que ofrecen a maior variedade de produtos de alimentación, téxtil, bazar e electrodomésticos da nosa compañía.
Os puntos de venda GADIS Hiper sitúannos en 11 relevantes núcleos urbanos de Galicia e Castela e León: Carballo, Ribeira, Oleiros e O Burgo (A Coruña); Viveiro e Monforte (Lugo); Ourense e O Barco de Valdeorras (Ourense); Lalín e Tui (Pontevedra); e Benavente (Zamora). Dadas as dimensións destes establecementos e co fin de mellorar a experiencia de compra, poñemos ao servizo do cliente o aparcadoiro gratuíto.
A súa gran dimensión e a localización en importantes núcleos de poboación permítennos ofrecer máis de 30.000 produtos diferentes. Unha ampla variedade que inclúe produtos das seccións habituais de alimentación fresca e envasada, así como artigos de limpeza e hixiene persoal, contando ademais cunha completa proposta de artigos de bricolaxe, electrodomésticos, equipamento de deporte, bazar, roupa e complementos, calzado, xardinaría e enxoval do fogar.