254
puntos de venda
+57.000
m² de superficie

Claudio e Claudio Express, a nosa liña de establecementos franquiados. Permítenos apostar polo emprendemento e o apoio ao desenvolvemento socioeconómico en contornas rurais e semiurbanas.
Claudio é a nosa liña de franquías con máis de 30 anos de actividade en pequenas e medianas poboacións de Galicia e Castela e León. Desde 2021 tamén estamos presentes na Comunidade de Madrid e en Asturias. Establecementos de proximidade dotados cun amplo abanico de produtos das principais seccións e unha boa relación calidade-prezo.
Reflexa o compromiso co comercio local e caracterízase por un trato directo, familiar e profesional a unha clientela fiel á distribución tradicional.
Dentro desta liña creamos o modelo Claudio Express, caracterizado pola súa localización principalmente en estacións de servizo e gasolineiras e o seu amplo horario de apertura e abastecemento básico (adaptado ao de cada área de servizo) os 365 días do ano. Finalizamos 2023 con 18 novos establecementos franquiados.