En GADISA Retail crecemos sempre da man dos territorios onde operamos. Traballamos dende o impulso do sector agropecuario, a xeración de emprego de calidade, especialmente en zonas rurais, ou a capacidade de aforro para as persoas consumidoras.
TRANSPARENCIA NA XESTIÓN
Estamos comprometidos co desenvolvemento socioeconómico da sociedade no seu conxunto a través do emprego de calidade, a promoción do emprendemento e o apoio a asociacións locais.

Estamos comprometidos co desenvolvemento socioeconómico da sociedade no seu conxunto a través do emprego de calidade, a promoción do emprendemento e o apoio a asociacións locais.
Garantimos que as nosas operacións se rexan de acordo cos principios de transparencia, cumprimento, responsabilidade e condicións xustas.
A nosa estrutura de cumprimento, a Política de Responsabilidade Social Corporativa e o Código Ético son os alicerces da nosa forma de ser. Supoñen o marco para a prevención de prácticas corruptas, o suborno ou o lavado de diñeiro. Ademais, reafirman o noso compromiso coa promoción e protección dos dereitos humanos e laborais en todas as nosas operacións.
Establece as directrices internas que guían a nosa conduta e decisións cara a prácticas éticas e transparentes.
Xeramos desenvolvemento económico co noso impulso á creación de emprego, oportunidades de emprendemento ou o apoio aos nosos provedores. Ademais, traballamos coas comunidades en accións de desenvolvemento económico e ofrecemos aos nosos clientes oportunidades de aforro.

322
Novos postos de
traballo en 2024
O constante crecemento do noso persoal reflicte o compromiso co desenvolvemento profesional e o equipo. Fortalecemos así a nosa capacidade para brindar un servizo excepcional á nosa clientela.
En GADISA Retail temos un firme compromiso co desenvolvemento do talento e a creación de oportunidades laborais para os mozos. Para nós, é un orgullo ofrecerlles unha experiencia laboral enriquecedora a nivel persoal e profesional, brindándolles a oportunidade de mellorar as súas habilidades e aumentar a súa empregabilidade.
Traballamos con varias entidades educativas, incluíndo destacadas universidades como a de Santiago de Compostela, A Coruña ou a Universidade Europea, así como con concellos, asociacións e organizacións.
Ademais, impulsamos a FP Dual, permitindo aos alumnos de graos como Comercio, Comercialización Alimentaria, Administración e Finanzas ou Mecatrónica Industrial pór en práctica os seus coñecementos nos nosos establecementos.
Durante 2024 creamos 322 novos postos de traballo directos e os nosos establecementos franquiados sumaron outros 60 novos empregos.
A nosa relación cos provedores baséase na colaboración e no compromiso con prácticas responsables. En GADISA Retail apostamos por unha rede sólida e diversificada que dá prioridade a produción local, garantindo produtos frescos e de calidade ao tempo que impulsamos o desenvolvemento económico nas nosas comunidades.
Apoiamos aos nosos provedores
A nosa relación cos provedores baséase na colaboración e no compromiso con prácticas responsables. En GADISA Retail apostamos por unha rede sólida e diversificada que dá prioridade a produción local, garantindo produtos frescos e de calidade ao tempo que impulsamos o desenvolvemento económico nas nosas comunidades.
“Moito que contar”, unha homenaxe aos nosos produtores locais
Con esta campaña, quixemos reforzar os beneficios do consumo local, xerando conciencia sobre o esforzo, a tradición e o agarimo que hai detrás de cada alimento.
Proximidade e calidade
Optar por produtores e produtoras locais significa seleccionar alimentos que se cultivan e producen preto das nosas tendas, o que asegura a súa frescura e o consumo de produtos de tempada.
Creación de emprego
Promovemos condicións de traballo dignas entre os nosos e nosas provedores a través de cláusulas sociais integradas nos contratos e da difusión do noso Código Ético e da Política de Responsabilidade Social Corporativa.
Apoio e visibilidade das nosas provedoras
Impulsamos a visibilidade das produtoras locais a través de foros como Mulleres rurais e Mulleres dous mares, recoñecendo o seu papel na agricultura e o sector marítimo, e fomentando a súa contribución a unha economía máis sostible e igualitaria.
