Desfrutar do adestramento e coñecer de primeira man aos seus xogadores e xogadoras favoritos, aprender sobre nutrición deportiva da man dun experto na materia e xogar ao fútbol nas instalacións do Deportivo de La Coruña en Abegondo son as actividades dunha xornada dirixida a nenos de entre 6 e 12 anos que puxemos en marcha xunto co Dépor.
Unha vintena de nenos puideron desfrutar desta experiencia grazas a un sorteo de entradas que se desenvolveu na nosa app Gadis+ e tiveron a oportunidade de asistir ó adestramento dos seus xogadores e xogadoras favoritos, falar con eles e pedirlles autógrafos. Ademais, os participantes asistiron a unha charla sobre nutrición deportiva e recibiron obsequios tanto pola nosa parte, como pola do Dépor.






