Un total de 95 compañeiros e compañeiras de diferentes puntos de venda das localidades de Ponferrada, Bembibre e Astorga visitaron este martes, 23 de abril, a nosa plataforma loxística e servizos centrais, situados no polígono de Piadela, en Betanzos. O noso Director Financieiro e de Sistemas, Agustín Rodríguez, recibiu aos asistentes a esta xornada, que estivo organizada polo departamento de Recursos Humanos e que arrincou cun coffebreak de benvida.

Os integrantes dos equipos dos citados establecementos tiveron a oportunidade de visitar o noso almacén central. Ademais, tras gozar dunha comida no Concello de Oleiros, puideron coñecer de primeira man Mercaverde, a nosa plataforma de distribución de produto fresco. A visita terminou cunha foto de familia.



